Domingo, 8 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Desaparecen misteriosamente as maceiras e parte da vexetación orixinal no espazo verde da Fonte dos Gafos no Burgo.

Desaparecen misteriosamente as maceiras e parte da vexetación orixinal no espazo verde da Fonte dos Gafos no Burgo.

Correo-e Imprimir PDF
maceiras-antes
maceiras-despois
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

-O BNG de Baiona denuncia actos de vandalismo sobre as maceiras e vexetación na Fonte dos Gafos.

 

O pasado mes de xaneiro o BNG de Baiona rexistrou unha denuncia pola que se solicitaba a restitución dun espazo verde no Burgo (urbanización do PERI III), na Fonte dos Gafos. O mesmo foi pechado cun valado que impedía o acceso ao espazo público, onde se atopan unhas maceiras. Segundo informa a formación nacionalista, a denuncia presentouse tras o aviso dun particular, "que viu como unha zona verde onde se atopaban unhas maceiras, entre outras plantas, se pechaba cunha vaia logo de recepcionar o Concello de Baiona a urbanización da zona".

"Curiosamente, coa desaparición da vaia incorrectamente instalada tamén lle acompañou a vexetación presente na zona verde", sinala Xosé M. Marcote, responsable local do BNG, quen aporta material fotográfico (ver imaxes que acompañan a nota), no que se comproba a tala e corte de plantas e árbores. "Casualidade ou non, a restitución da legalidade orixinou un caso de vandalismo, sen poder determinar a autoría do mesmo", denuncia o nacionalista.