Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

Tensión en Sabarís pola rotura dunha tubería de gas cidade

Correo-e Imprimir PDF

Unha excavadora da empresa EXTRACO rompeu por accidente unha das tuberías de suministro de gas cidade.  A incidencia non revestiu de máis gravidade e non foi preciso desaloxar ningunha vivenda. O suministro quedou restablecido pasadas ás 13h. É a terceira vez que se produce un incidente similar en Baiona durante as obras de humanización.

Reaparecen as vías do tranvía en Sabarís.

Correo-e Imprimir PDF

2012-09-19-11.18.59As obras de Sabarís fixeron reaparecer as vías centenarias do tranvía que no seu momento foi o medio de transporte clave para comunicar a vila de Baiona e a cidade olívica, permitindo chegar dun punto a outro nunha hora e media. Esta será a última oportunidade para ver esta imaxe, xa que as vías están sendo retiradas de xeito definitivo.

Baiona acolle a inversores de Bélxica, Reino Unido e Francia en busca de "gangas" inmobiliarias

Correo-e Imprimir PDF

O PXOM de Nigrán prevé a construcción de edificios de 4 alturas en primeira liña en Praia AméricaPromotores do Reino Unido, Bélxica e Francia están percorrendo distintas vivendas e urbanizacións na primeira liña da costa en Ares, A Coruña, Ribeira, A Illa, A Toxa, O Grove, Sanxenxo, Vigo e Baiona

A previsión de crecemento de habitantes censados en Baiona para os próximos 20 anos é de apenas 1257 habitantes, fronte aos 8872 previstos no PXOM. 

Galicia non sufriu a burbulla inmobiliaria na mesma medida que a costa mediterránea, por exemplo. Pero son centos as vivendas e urbanizacións baleiras na procura de compradores e que no non atopan interesados no chamado mercado interno, á espera de que os prezos baixen moito máis do que xa o fixeron. E as promotoras e entidades bancarias están moi necesitadas de colocar esas casas. En Grecia falouse da posibilidade de que investidores alemáns se fixesen con algunhas das illas do Mar Exeo. A costa galega está en venda e neste momento aqueles que queiran investir en propiedades inmobiliarias poden atopar algunhas a prezos moi reducidos.

Homenaxarono dentro e rexeitarono fóra.

Correo-e Imprimir PDF

homenaxe-rexeita-O Concello de Baiona entregou a título póstumo a medalla de Ouro a Manuel Fraga Iribarne.

-Na rúa, militantes da xuventude do BNG (Galiza Nova) manifestáronse en contra da homenaxe.

Os traballadores do Parador de Baiona concentraranse este sábado nas portas da fortaleza.

Correo-e Imprimir PDF

ccoo-paradoresOs traballadores do Parador Nacional de Baiona volverán a manifestarse ás portas da fortaleza ante a decisión da empresa de retardar as negociación do convenio colectivo ata o 3 de setembro. Por outra banda o sindicato volverá a esixir durante a mobilización o reintegro da traballadora despedida "por causas obxectivas", no marco da Reforma Laboral. A concentración terá lugar este sábado 25 de agosto ao mediodía.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL