Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

EU Baiona convoca para hoxe un acto informativo sobre o PXOM

Correo-e Imprimir PDF

O PXOM de Baiona atópase na súa recta final de aprobaciónEU de Baiona ten planificado un acto informativo aberto para este martes 9 de abril, ás 20:00 no CPI Covaterreña sobre o novo PXOM de Baiona.

A formación informará sobre as alegacións que vai a presentar en relación á "valoración dos terreos a 6 euros o metro cadrado", a escasez de espazos libres, as instalacións deportivas de Baredo, o crecemento previsto e a non contabilización na normativa urbanística de 7800 metros cadrados para vivenda protexida que se mencionan na memoria xustificativa de dito plan.

Estudantes dinamarqueses visitan Baiona nun programa de intercambio co IES 1º de Marzo.

Correo-e Imprimir PDF

dinamarqueses baiona
Unha vintena de alumnos de bacharelato procedentes de Dinamarca están a compartir unha experiencia de intercambio co alumnado do IES 1º Marzo de Baiona. Os mozos permanecerán na Vila Real ate o vindeiro 14 de abril compartindo diversas actividades curriculares, culturais e de ocio. No primeiro trimestre do próximo curso, os estudantes baioneses que agora fan de anfitrións terán a posibilidade de viaxar a Dinamarca para completar o programa.

O PP de Baiona enche de militantes o Salón de Plenos para sacar adiante a sesión e impedir o ingreso de preferentistas.

Correo-e Imprimir PDF

O alcalde só permitiu o acceso ao concello a un determinado grupo de xente

A Policía Local de Baiona impediu o acceso dos membros das plataformas de afectados polas preferentes e subordinadas así como o acceso aos cidadáns que acudían para presentar documentación no rexistro municipal. O certo é que dende primeiras horas da mañá un grupo de simpatizantes populares tiñan copado os asentos (medio baleiros na maioría das sesións), e só un preferentista madrugador puido colarse antes do peche das portas.

A portavoz do PSOE sinala que os simpatizantes que agardaban no salón de plenos dende as 8 da mañá, foron convidados ao almorzo.

O pleno, onde ían tratarse os orzamentos municipais finalmente celebrouse sen os concelleiros da oposición que decidiron abandonar a sala tras a negativa do alcalde Jesús Vázquez Almuíña de permitir o ingreso dunha representación dos manifestantes.

O Concello de Baiona restrinxirá o acceso ao pleno municipal deste xoves

Correo-e Imprimir PDF

Baiona blíndase ante a presión dos afectados pola estafa das preferentesA concelleira socialista Isabel Domínguez Quintas alertou esta tarde dun posible intento por parte do PP de blindar as portas do pleno ante a posibilidade de que as plataformas de afectados polas preferentes intenten manifestarse durante a sesión. A voceira do PSOE publicou esta tarde nas redes un post no que afirmaba "el alcalde adoptará medidas de seguridad para PROHIBIR el acceso a las personas no autorizadas, celebrando el pleno en el que se debatirán los presupuestos municipales a puerta cerrada". Pleno que terá lugar este xoves ás 12 horas.

Un poste da luz pendendo dun fío en Belesar

Correo-e Imprimir PDF

Perigo de derrube dun poste no parque infantil da Portameán en Belesar  ©Belesar DixitalVeciños de Belesar alertan do perigo de derrubo dun poste do tendido eléctrico situado ao carón do parque infantil de Portameán en Medialdea.

Veciños e usuarios do parque reclaman a urxente intervención do Concello de Baiona ante a ameaza que representa esta estrutura afectada na cementación da súa base. Este non é o único inconvinte que presentan as instalacións do parque segundo os comentarios dos seguidores da páxina de facebook Belesar Dixital , hai “caídas a distinto nivel sen protexer, aristas cortantes, postes de madeira no chan que esvaran, columpios en mal estado”, que presentan verdadeiros perigos para os cativos que utilizan este espazo de ocio.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL