Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

Baiona podará 200 árbores para evitar accidentes a viandantes e atascos de sumidoiros por mor das follas caducas.

Correo-e Imprimir PDF

baiona arboresBaiona procede nestes días á poda duns 200 árbores de folla caduca para evitar que estas causen molestias e ata accidentes por caídas entre os viandantes. O cambio de folla, fenómeno totalmente natural nesta época do ano, tamén provoca atascos nos sumidoiros e sucidade nas rúas.

A folga de Paradores foi secundada polo 75% do cadro de Baiona e o 70% en toda España.

Correo-e Imprimir PDF

parador folga-A xornada de folga dos días 12 e 13 de outubro no Parador de Turismo de Baiona foi secundada por o 75% do cadro de persoal, segundo fontes sindicais.

-O Comité de Empresa do Parador de Baiona denunciará ante a Garda Civil e o Ministerio de Traballo á dirección da empresa pola contratación de persoal externo e outras acción que os traballadores entenden atentaron contra o dereito de folga.

Os traballadores do Parador de Baiona deciden entrar en folga de 48 horas a partir deste venres.

Correo-e Imprimir PDF

ccoo-paradores-O Parador só terá dous traballadores por quenda durante a ponte do 12 de outubro, que só atenderán seguridade e mantemento.

-A folga se desata trala aplicación retroactiva do DL 20/2012 por parte de Paradores na nómina de setembro, que o sindicato entende como "ilexítima".

-O conflito afecta a toda España.

Baiona lanza a "1ª Ruta de Pintxo: Baiona d`Pintxos”

Correo-e Imprimir PDF

selloOutono será a tempada "D' Pintxos" en Baiona. A Concellaría de Turismo e mais a asociación de comerciantes ACEBA, anunciaron nesta xornada a creación dunha ruta gastronómica outonal que se desenvolverá dende o 8 de novembro ao 2 de decembro. A mesma terá por obxectivo dinamizar esta estación de tempadabaixa, segundo os organizadores, e para iso convidan aos locais da zona a participar da "1ª Ruta de Pintxos: Baiona d'Pintxos" inscribíndose no Departamento de Turismo de Baiona.

Unha muller falece e outra permanece gravemente ferida nun tráxico atropelo en Sabarís

Correo-e Imprimir PDF

Efectivos da Garda Civil de Tráfico, Policía Local e 061 desprazáronse ata o lugar di sinistroUnha muller de 76 anos falece e outra de 61 anos permanece gravemente ferida ao seren atropeladas por un coche nun paso de peóns en Sabarís.

Os feitos ocorreron onte ás 9 da noite, cando un turismo que circulaba dirección Baiona non foi quen de deter o coche no paso de peóns situado á salida da rotonda de Sabarís.  O paso de peóns conecta o centro antena de Sabarís e o paseo da Foz do Miñor na estrada pola costa, unha zona moi concorrida por centos de persoas que pasean a esas horas pola Foz do Miñor.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL