Domingo, 8 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Unha muller falece e outra permanece gravemente ferida nun tráxico atropelo en Sabarís

Unha muller falece e outra permanece gravemente ferida nun tráxico atropelo en Sabarís

Correo-e Imprimir PDF
Efectivos da Garda Civil de Tráfico, Policía Local e 061 desprazáronse ata o lugar di sinistro
As mulleres cruzaban o paso de peóns cando o turismo as arrollou
O turismo implicado, un Audi A3, circulaba en sentido Baiona
O condutor do turismo, un veciño de Belesar, permaneceu dentro do furgón policial para someterse aos controis de alcolemia e estupefacientes
  • Anterior
  • 1 of 4
  • Seguinte

Unha muller de 76 anos falece e outra de 61 anos permanece gravemente ferida ao seren atropeladas por un coche nun paso de peóns en Sabarís.

Os feitos ocorreron onte ás 9 da noite, cando un turismo que circulaba dirección Baiona non foi quen de deter o coche no paso de peóns situado á salida da rotonda de Sabarís.  O paso de peóns conecta o centro antena de Sabarís e o paseo da Foz do Miñor na estrada pola costa, unha zona moi concorrida por centos de persoas que pasean a esas horas pola Foz do Miñor.

Os servizos de emerxencias desprazados ata o lugar nada puideron facer pola vida de Rosalía Vaz Otero de 76 anos de idade e natural de Nigrán, que tentaron sen éxito durante media hora, reanimala. A outra veciña e acompañante, Esther Varela (61 anos) e veciña de Baiona, foi trasladada nunha ambulancia medicalizada do 061 a un hospital de Vigo.

No lugar do accidente personaronse ambulancias do 061 e efectivos da Garda Civil de Tráfico e Policía Local. A Garda Civil colleu declaración aos testigos alí presentes e practicou as pertinentes probas de alcolemia ao condutor do turismo Audi A3 do veciño de Belesar implicado no sinistro.

Acudiron tamén ao accidente o alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, que acompañou a un dos familiares durante a identificación do corpo sen vida da falecida.

Un punto negro para cruzar.

Os veciños da zona e usuarios do paseo da Foz non dubidan en sinalar ese paso de peóns como unha "trampa mortal". Veciños queixábanse onte da pouca visibilidade que ten o paso de peóns pola escasa iluminación, así como a súa proximidade coa rotonda que ao seu entender dificulta o tempo de resposta para os coches que saen da mesma.

Un veciño de Sabarís preguntábase onte o motivo polo que este paso de peóns non estaba peraltado e elevado como os tamén tráxicos pasos de peóns da Avda. de Sabarís que antes da súa modificación se cobraran a vida de 4 persoas pola falta de iluminación e a falta de regulación do control de velocidade nestes tramos.

Dim lights Embed Embed this video on your site