-A xornada de folga dos días 12 e 13 de outubro no Parador de Turismo de Baiona foi secundada por o 75% do cadro de persoal, segundo fontes sindicais.
-O Comité de Empresa do Parador de Baiona denunciará ante a Garda Civil e o Ministerio de Traballo á dirección da empresa pola contratación de persoal externo e outras acción que os traballadores entenden atentaron contra o dereito de folga.
Logo das 48 horas de folga sostidas polos traballadores do Parador de Turismo de Baiona, a mesa local cualificou positivamente as xornadas de mobilizacións as que transcorreron sen incidentes e coa participación do 75% do cadro de persoal. Nembargante, os sindicalistas denuncian a contratación de 11 persoas de ETT e outra serie de irregularidades como a modificación de horarios e a realización de horas extras por parte de algúns traballadores que, dende o seu punto de vista, atentan contra o dereito de folga. O comité de empresa anunciou nesta xornada que porá unha denuncia ante a Garda Civil e a Inspección de Traballo para que "comprobe os feitos e tome as medidas oportunas".
A folga foi convocada logo que a dirección de empresa de Paradores de Turismo decidira suspender a paga extra de Nadal aos empregados. A medida supón un desconto nas nóminas de entre 240 e 340 € mensuais dende setembro hasta decembro o agravou o conflito preexistente na empresa pola demora de máis de tres anos na sinatura do convenio salarial do sector. A detención de actividades de Paradores Nacionais de Turismo tivo en toda España un seguimento estimado nun 70%, segundo o Comité Intercentros, que agrupa tódolas mesas locais de Paradores.
"A participación nesta folga tiña unha dificultade engadida", sinalou Jorge Carneiro, secretario da mesa de Baiona. Ademais do desconto da paga extra de Nadal, os traballadores que secundaron a folga deberán asumir o desconto dos 2 días de folga (unha media de 160 € por os dous días), engadiu. O representante sindical salientou a valentía dos traballadores de secundar a folga neste contexto " para economía familiar de uns traballadores e traballadoras con salarios que roldan os 1000 € líquidos".
"Por todas estas circunstancias o Comité de Empresa do Parador de Baiona e o Comité Intercentros valoramos esta participación como moi positiva e esperamos que a dirección da empresa tome nota do descontento de unha gran maioría dos traballadores e traballadoras de esta empresa pública", afirmou Carneiro.
O sindicato tamén informou que dos 21 traballadores e traballadoras que decidiron non secundala folga en Baiona, 8 teñen contrato temporal e a un non se lle aplica o Convenio. No que se refire o resto de Paradores do Estado, a participación "foi moi parecida" –sinala Carneiro- , "con centros de traballo nos que ninguén secundou a folga e outros co 100% e unha participación media do 70%. "
O mesmo tempo durante os dous días e o longo de todo o día concentráronse na portería do Parador nunhas xornadas nas que non se produciu ningún tipo de incidente e repartíronse unha folla informativa aos clientes que accedían o Parador e na que se pedías desculpas "polas molestias que lle ocasionaramos con esta convocatoria de folga, pedindo o mesmo tempo a súa comprensión".
O Comité de empresa do Parador de Baiona que está constituído por representantes de CCOO, UGT e CIG, informou que de non existir unha rectificación por parte da Dirección de Paradores, veranse na obriga de facer efectivas as próximas xornadas de folga, previstas para os días 2 e 3 de novembro, 7 e 8 de decembro e 31 de decembro e 1 de xaneiro.