Domingo, 8 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Os traballadores reclamaron a dimisión da presidenta de Paradores durante a marcha en Baiona.

Os traballadores reclamaron a dimisión da presidenta de Paradores durante a marcha en Baiona.

Correo-e Imprimir PDF
marcha paradores

Medio millar de manifestantes acompañaron as mobilizacións desenvolvidas este sábado na vila de Baiona en contra do ERE e o peche de establecementos decretado por Paradores de Turismo de España. Baixo a consigna "Basta de vividores en paradores", os traballadores dos paradores de Baiona e Tui, pediron a dimisión da presidenta de Paradores Nacionales, Ángeles Alarcó, á que responsabilizan da mala xestión da empresa.

 

A marcha transcorreu dende Santa Marta ata as portas do Parador Conde de Gondomar (Baiona), onde un grupo de traballadores pasou a noite nunha acampada de protesta.

No manifesto lido por Jorge Carneiro, portavoz dos traballadores, solicitou o apoio para soster a loita contra o peche de establecementos así como contra o despido de 10 traballadores no marco do ERE.