Domingo, 8 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Baiona podará 200 árbores para evitar accidentes a viandantes e atascos de sumidoiros por mor das follas caducas.

Baiona podará 200 árbores para evitar accidentes a viandantes e atascos de sumidoiros por mor das follas caducas.

Correo-e Imprimir PDF
baiona arbores

Baiona procede nestes días á poda duns 200 árbores de folla caduca para evitar que estas causen molestias e ata accidentes por caídas entre os viandantes. O cambio de folla, fenómeno totalmente natural nesta época do ano, tamén provoca atascos nos sumidoiros e sucidade nas rúas.

 

Para evitar todos os inconvenientes sinalados, desde a concellaría de Medioambiente, Vías e Obras dirixida por Anxo Rodal, informouse que estase realizando xa a tala controlada de ramas tanto no centro urbano como nas diferentes parroquias.

Os restos de material vexetal que se obteñen tras a operación de limpeza son tratados e transformados en Compost natural que posteriormente será utilizado para abonar as distintas áreas axardinadas distribuídas ao longo e ancho do municipio de Baiona.