Domingo, 8 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Baiona lanza a "1ª Ruta de Pintxo: Baiona d`Pintxos”

Baiona lanza a "1ª Ruta de Pintxo: Baiona d`Pintxos”

Correo-e Imprimir PDF
sello

Outono será a tempada "D' Pintxos" en Baiona. A Concellaría de Turismo e mais a asociación de comerciantes ACEBA, anunciaron nesta xornada a creación dunha ruta gastronómica outonal que se desenvolverá dende o 8 de novembro ao 2 de decembro. A mesma terá por obxectivo dinamizar esta estación de tempadabaixa, segundo os organizadores, e para iso convidan aos locais da zona a participar da "1ª Ruta de Pintxos: Baiona d'Pintxos" inscribíndose no Departamento de Turismo de Baiona.

 

A concellaría explicou que a idea é desenvolver unha ruta, na que os locais participantes elaboren petiscos ou pinchos creativos con produtos de outono. Para propiciar que se percorran todos os establecementos, crearase un pasaporte, que o público participante deberá ir selando, e que finalmente lles permitirá participar en numerosos sorteos e conseguir "fabulosos premios".

Poderán participar na ruta, todos aqueles establecementos de hostalería e restauración establecidos no termo municipal de Baiona que o desexen, e que dispoñan de medios para a realización dos petiscos. O prazo de inscrición para participar nesta iniciativa finaliza o 17 de outubro.

Para máis información, poden contactar co Departamento de Turismo, no teléfono 986385924, en horario de 8:00 a 15:00.