As obras de Sabarís fixeron reaparecer as vías centenarias do tranvía que no seu momento foi o medio de transporte clave para comunicar a vila de Baiona e a cidade olívica, permitindo chegar dun punto a outro nunha hora e media. Esta será a última oportunidade para ver esta imaxe, xa que as vías están sendo retiradas de xeito definitivo.
A liña Vigo-Baiona
A liña do tranvía ou ferrocarril , percorreu a ruta Vigo- Baiona entre 1926 até decembro de 1968, cando o servizo foi desactivado. Durante a súa vida activa contou cun local para talleres e cocheiras n'A Ramallosa. Cinco edificios de estación establecidos en Vigo, Coruxo, San Miguel de Oia, Panxón e A Ramallosa. Tamén apeadeiros con marquesiñas de madeira en A Bouza, Xuncal, Muíños, Verdial, Hermida, Canido (que se converte en estación en 1939 ao suprimirse a de San Miguel de Oia), Prado, Patos e Nigrán. Dende A Ramallosa dividíase en dous ramais, un a Gondomar e outro cara a Baiona, pasando pola actual Rúa Julian Valverde, onde foron atopados os restos.
Dim lights Embed Embed this video on your site
O deseño do trazado estivo a cargo da Sociedad Tranvías Eléctricos de Vigo, e o director da obra foi Ricardo Mella (fillo). A mesma contou como grande impulsor ao gondomareño Manuel Losada, que buscou financiación nos galegos radicados no Uruguai e na Arxentina. O traxecto Vigo-Baiona tivo un custe total de 7 millóns de pesetas da época, e mais medio millón a desviación a Gondomar. Orzamento que excedeu as previsión orixinais e puxo en perigo a viabilidade da empresa por case dúas décadas.
O 26 de decembre de 1968 o servizo rematou as súas andainas, froito das novas políticas de transporte que impoñían outras fórmulas.