Foi atopado o cadáver dunha veciña de Viladesuso (Oia) de 58 anos que caeu esta mañá ao mar mentres estaba ao percebe nas Orelludas (zona de rochas limítrofe entre Baiona e Oia). O accidente tivo lugar á vista doutras persoas que traballaban nesa zona, pero carecían de medios para auxiliar á vítima, que segundo testemuñas, estivo por máis de media hora loitando pola súa vida. A vítima pertencía á Cofraría de pescadores de A Guarda.
Nas labores de procura interviñeron o helicóptero Pesca I da Xunta de Galicia, a Salvamar Mirach de Salvamento Marítimo, dúas patrulleiras da Garda Civil, varios pesqueiros e efectivos do Grumir de Nigrán e de Protección Civil de Val Miñor, precisaron fontes do 112.
Mentres, un facultativo de Urxencias Médicas, que desprazou ao lugar unha ambulancia asistencial, atendeu ao home da desaparecida e a outra muller.Os labores de procura iniciáronse despois de que un particular chamase ao servizo de urxencias ás 9.05h informando de que unha persoa precipitouse ao mar nunha zona de rochas coñecida como As Orelludas.
Dim lights Embed Embed this video on your site