Domingo, 8 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Baiona e Sabarís ultiman detalles para o comezo da 1ª edición de "Baiona d' Pintxos".

Baiona e Sabarís ultiman detalles para o comezo da 1ª edición de "Baiona d' Pintxos".

Correo-e Imprimir PDF
baionapincho

A Concellaría de Turismo do Concello de Baiona e a Asociación de Comerciantes e Empresarios (Aceba) darán comezo este xoves 8 de novembro á primeira edición da ruta "Baiona d´Pintxos", que se celebrará ata o 2 de decembro de 2012. Un total de 22 establecementos ofrecerán os seus petiscos ao prezo de 1€, ou 2€ se se combina cun botellín da cervexa patrocinador do evento.

 

Entre os 48 pinchos presentados, baseados nos produtos de outono, hai propostas para todos os gustos: doces, salgados, creativos, tradicionais e, ata, enigmáticos, aptos para todo tipo de padais.

Para incentivar a realización da ruta sortearanse numerosos premios, entre os que destaca un vale de 1.000€ para trocar nalgunha das axencias de viaxes de Baiona.

Para iso, os clientes terán que solicitar o seu pasaporte que selarán en cada establecemento participante cada vez que pidan un petisco. Unha vez completada o 75% da ruta terán que depositalo nas caixas de correos que se habilitarán en varios puntos do centro de Baiona e Sabarís. Todos os pasaportes que cumpran os requisitos optarán ao sorteo.

Os establecementos que participan na ruta son os seguintes: A Viña Xamonería, Arce Hotel Cafetería, Bar Bacco's, Bocatería Baioca, Café Bar Begoña, Cafetería Monterrey, Cafetería – Panadería Yajoma, Cervecería – restaurante El Tranvía, El Túnel, Gastrobar Gordo, La Boquería, La Crep, Mesón Xamonería Fidalgo, O'Rincón, Parador de Turismo de Baiona, Pazo de Mendoza, Pizzería -Tapería El Patio, Pub - Coctelería Bibendum, Restaurante Mesón Casa Soto, Restaurante Naveira, Tapería Acuarela e Tapería Bitácora.