Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona A I Gala do Deporte de Baiona encheu as instalacións do Auditorio V Centenario.

A I Gala do Deporte de Baiona encheu as instalacións do Auditorio V Centenario.

Correo-e Imprimir PDF
1gala deporte_baiona

José Luis Vilar (karting), Marta Canella (baloncesto), Iñaki López (piragüismo) e Carmen Rodríguez (atletismo) foron os catro deportistas galardoados na I Gala do Deporte de Baiona. A ceremonia celebrada este sábado no Auditorio V Centenario congregou a centos de deportistas da bisbarra e público en xeral, os que encheron as súas instalacións. O evento, organizado pola Concellerías de Deporte e de Actividades Marítimas, contou coa presenza dos tres alcaldes do Val Miñor, o presidente da Deputación,Rafael Louzán e representantes de entidades deportivas públicas e privadas.

 

A Peña de Moteiros Val Miñor recibiú a distinción como mellor club do 2011 e a proba popular Andar e Correr foi nomeada como o mellor evento deportivo do ano. Tamen os patrocinadores deportivos tiveron un galardón, lle correspondeu á distribuidora de firmas e marcas náuticas Baitra. A Deputación de Pontevedra recibiú o premio como mellor entidade pública no apoio ao deporte de Baiona.

A entrega de premios rematou con catro mencións especias outorgadas a persoas cunha destacada traxectoria de apoio ao desenvolvemento do deporte no municipio, nomeadamente a Jorge Santos (Novacaixagalicia), María Troncoso (Begano S.A. - Coca Cola), o ex concelleiro de deportes baionés Miguel Pérez e ao gran campion galego de windsurf Jorge Maciel.

A gala foi conducida polo humorista Diego Villar e amenizada polo grupo de baile Galicia en Danza.