Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona O pleno de Baiona aprobou os orzamentos para 2012 e a recuperación do aparcadoiro do Aral.

O pleno de Baiona aprobou os orzamentos para 2012 e a recuperación do aparcadoiro do Aral.

Correo-e Imprimir PDF
carabela

Cos votos negativos do PSOE e o BNG, o Concello de Baiona iniciará a recuperación da xestión do aparcadoiro subterráneo do Areal. Así foi decidido no pleno celebrado no día de onte na Casa Consistorial, onde tamén foron aprobados os orzamentos xerais do 2012 por un total de 8,24 millóns de euros, dos cales 1,100 serán destinados a Investimentos.

 

Plan de Investimentos 2012

Ademais das partidas para saneamento, mobiliario urbano e melloras de camiños, o goberno de Jesús Vázquez Almuíña proponse unha serie de actuacións no patrimonio histórico do municipio. Nese senso, destacan o proxecto de rehabilitación do hospital Sancti Espiritus onde serán ampliados os servizos da actual biblioteca ademais da creación dun arquivo histórico que xestionará o valioso acervo documental baionés. O devandito proxecto contará cun orzamento próximo aos 60 mil euros.

51 mil euros serán destinados á reparación da réplica da Carabela Pinta, así como tamén están previstas partidas para continuar coa rehabilitación o mantemento do conxunto de lavadoiros e fontes antigas.

No plano urbanístico, outros 60 mil euros levará a reparación da fachada da Escola de Música e próximos a 50 mil euros as intervencións na praza Victoria Cadaval en Sabarís, este último contará cunha axuda da Xunta de Galicia. Finalmente, contémplase a ampliación dos traballos no casco urbano cara á eliminación das barreiras arquitectónicas.

O equipamento mobiliario da Casa Museo da Navegación a a rehabilitación da cetarea do Monte Bio completan os principais destinos dos 1,100 mil euros do eido investimentos, dos cales 495 mil serán financiados con fondos propios do municipio.

O expediente de recuperación do aparcadoiro do Areal

Neste punto o debate centrouse na conveniencia de recuperar a xestión dunha concesión outorgada por 50 anos e que leva un investimento de máis de 5 millóns de euros.

A oposición valorou que o rescate implicaría compensar á firma que construíu e xestiona o aparcadoiro, Sofranda de Gestão de Parques S.A., cunha cifra próxima aos 10 millóns de euros. Montante que resultaría dunha posible indemnización da inversión realizada na obra máis as perdas acumuladas desde o ano da súa inauguración en 2007 e o lucro cesante por los 47 años que restan para rematar o contrato de concesión.

A pesar da advertencia sobre a "ruína" que significaría para as arcas municipais feita por socialistas e nacionalistas, o PP xunto co voto do concelleiro de UPyD, decidiron manter o rescate. O argumento esgrimido polo oficialismo céntrase nos incumprimentos de contrato por parte da concesionaria. Entre eles, o incumprimento do canon anual próximo aos 6 mil euros, a falla de mantemento das estruturas así como a cesión da xestión a outra empresa sen autorización municipal.