Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Veciño de Baredo detido como presunto autor dun incendio forestal.

Veciño de Baredo detido como presunto autor dun incendio forestal.

Correo-e Imprimir PDF

A Policía autonómica detivo na parroquia de Baredo, en Baiona a un home como presunto autor dun incendio que afectou a 7.000 metros cadrados de monte. Segundo as autoridades, o incendio iniciouse por unha queima de lixo "sen adoptar as medidas de seguridade". Para extinguir este incendio foi necesaria a intervención dos servizos de extinción da Xunta de Galicia.