Martes, 14 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Baiona "Bai de Tapas" ata o 20 de maio

Baiona "Bai de Tapas" ata o 20 de maio

Correo-e Imprimir PDF
tapas pinchos

O Concello de Baiona, en colaboración coa Asociación de Comerciantes e Empresarios (ACEBA), celebrará a partir do 19 de abril a primeira edición do Concurso de Tapas de Baiona "Bai deTapas".

 

Esta iniciativa levará a cabo ata o 20 de maio, co obxectivo de fornecer o turismo enogastronómico da localidade. Un total de 18 restaurantes de Baiona ofrecerán as súas tapas, elaboradas para o concurso, a un prezo de 2 euros.

As tapas serán votadas por un xurado profesional, que valorará varios criterios como a elaboración, o sabor, a presentación, a relación calidade-prezo ou o uso de produtos típicos de Galicia, e por un xurado popular, formado polos clientes, que valorarán a tapa que consuman, outorgando o Premio á Mellor Tapa.

Os restaurantes que participan en "Baide Tapas" son: Bacco's, Baioca, Café-Bar Begoña, Cafetería Monterrey, Cervecería La Real, El Café, El Tranvía, Fidalgo, Jamonería Jaqueyvi, La Boquería, La Crep, Parador de Baiona, Pazo de Mendoza, Restaurante Mesón Casa Soto, Senlleiro, Tapería Bitácora, Tapería El Patio e Tapería San Xoán.