Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona O video-denuncia dun percebeiro de Baiona circula na rede

O video-denuncia dun percebeiro de Baiona circula na rede

Correo-e Imprimir PDF
O vídeo do percebeiro de Baiona que leva percorrendo a rede


O vídeo-denuncia deste percebeiro de Baiona percorreu onte as redes sociais de xeito viral, chegando ás 500 visualizacións en apenas 2 días. Este percebeiro de Baiona denuncia a precaria situación e a desesperación por mor do furtivismo que arrasou con toda a campaña de Nadal. Os percebeiros denuncian a falta de control por parte da administración, que incluso "os incita a que eles mesmo fagan o labor de vixilancia e denuncia", unha situación que manifestan "incita ao enfrontamento ou incluso á violencia". 

A crise do percebe en Baiona.

A crise do percebe ne Baiona supón o afundimento da Confraría de Pescadores "A Anunciada". Así o manifestaban os membros do cabildo en declaracións á prensa o pasado 3 de decembro, xa que a acción do furtivismo sen vixiancia durante os últimos cinco meses reduciu drasticamente a presenza de percebe na costa miñorá e de Oia. Os percebeiros dan por perdida a campaña de Nadal,  no que o ano pasado chegaron a facturar 119.719 euros no mes de decembro onde a poxa do percebe supón o 60% da facturación total da Confraría. 

Confraría e Percebeiros levan celebrando reunións para conseguir chegar a un acordo concreto para restaurar a vixiancia. A falta de entendemento sobre cal das dúas institucións debe controlar o servizo de vixiancia é o motivo da discordia.

A Confraría de Baiona non está disposta a ceder á agrupación de percebeiros a dirección do servizo de tal e como aspiran. O patrón maior, dende que legalmente a confraría ten potestade para realizar a contratación dos vixiantes. Pero por outra banda os percebeiros non queren deixar en mans do cabildo o citado servizo.

As opcións plantexadas polos percebeiros son que se o patrón maior dirixe a vixiancia, entón a cota deben achegala todos os socios do pósito. Outra opción sería que a propia agrupación a que se responsabilice e pague, e por último que a xunta xeral autorice á agrupación de percebeiros para que firme os convenios de vixiancia coa Xunta e se faga cargo do servizo. 

A mediación do Concello de Baiona.

O pasado 14 de decembro, e ante a mediación do alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, tanto a agrupación como a cofraría consensuaron solicitar un plan de recuperación do percebe, o financiamento mediante un convenio coa Xunta e pedir unha reunión coa consellería do Mar para trasladar os acordos. O que non foi posible foi sacar un consenso no tocante ao labores de vixiancia, na que as dúas partes discuten o control.

 

Dim lights Embed Embed this video on your site