Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Mercar vivenda de segunda man en Baiona é máis caro que en calquera outro lugar de Galicia.

Mercar vivenda de segunda man en Baiona é máis caro que en calquera outro lugar de Galicia.

Correo-e Imprimir PDF
graficavivendabaiona

A un promedio de 2.875€ por m2, Baiona é o concello máis caro á hora de mercar vivenda de segunda man en Galicia. O dato xurde dun estudo elaborado a partir dos valores de mercado no mes de novembro polo IESE Business School  e recentemente publicado polo portal inmobiliario Fotocasa.es . A cifra toma maior relieve se a comparamos cos 2.627€ que vale o m2 no concello da Coruña, nomeadamente o seguinte de maior custe no territorio autonómico.

 

Nembargante, segundo o mesmo informe, o prezo da vivenda de segunda man caeu no municipio baionés un 0.8% co respecto ao mes de outubro e un 1.98% en relación a setembro, cando chegou aos 2.933€/m2. A pesar desta descenso, os valores están moi por riba do promedio autonómico que se situou nos 1.923€/m2 en novembro.

Galicia rexistrou o seu máximo histórico no prezo da vivenda de segunda man en outubro de 2007, cando alcanzou un valor de 2.382 €/m2. Desde entón acumulou un descenso dun -19,2% .