Opinion
¡Memoria! ¿Que memoria?
á bandeira azul non lle vai a marcha
A orixe deste debate aberto no seo da organización internacional foi a destrución, durante a última noite de San Juan, do 80% dun complexo dunar en Panxón e praia América, no concello de Nigrán.
A celebración de concertos na praia ou a organización das fogueiras de San Juan podería chegar a ser incompatible coa bandeira azul. A Fundación para a Educación Ambiental, o organismo encargado de conceder eses distintivos, está estudando incluír entre os seus baremos para concedelas a prohibición dese tipo de eventos. A razón é que atentan contra os areais e poden provocarlles graves danos.
As medallas da vergonza
O mudo
¿Algunha vez oíches cantar a un mudo?. Pois “O Mudo” da Ramallosa, o que estaba sempre no Bar do Centro cando non ía pescar, cantaba, ou polo menos unha noite en Baiona no bar do “Gringo” cantou.
Despois dunha gran cea –pato estufado cociñado pola muller do “Gringo” en pago doutro pato vivo que ela gardou no curral- unha enchenta para o “Mudo” que xaxuaba as máis das veces, e unha farta de viño, que iso era mais cotián para o “Mudo” pois combatía o bacilo de Kock con grandes cantidades de alcohol xa fose en viño ou en augardente.
ADSL a la gallega. 1MB dubidoso.
Milagros “a de Peitieiros”
Quen sería aquela muller?
Fraca, alta, de pelo longo e case branco segundo se amosaba formando una trenza que lle chegaba case ata a cintura, por debaixo do pano co que sempre cubría a cachola, facíana engurrada e bronceada do sol, con fasquía de vella que desmentía o seu andar, sempre descalzo, lixeiro e nervioso.
Sí se sabia que era ou moraba en Peitieiros, polo menos iso dicía ela, e parece que era certo pois había xente que lembraba iso.
Menos festa e máis pregarias por Gondomar
Carlistas no Miñor
Jose " O dos fígados esfarelados"
Non se sabe por que tiña os fígados esfarelados pero o certo é que se queixaba de que non lle daban “o suisidio” e cando reclamaba o subsidio algún dereito habería de ter a el por ter enfermado no cuartel ao facer a “mili” ou noutro oficio ou traballo do que nunca falou.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL