Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion Cartas A ameaza golfista

A ameaza golfista

Correo-e Imprimir PDF

Contra do que se acostuma a dicir, nalgúns aspectos os galegos somos xentes ás que nos gusta a desmesura. Por exemplo, na comida. � ben certo que en xeral somos máis ben retraídos. Mesmo hai quen, medio en broma medio en serio, situou ao pobo galego nunha fase anal caracterizada pola pusilanimidade, polo retraemento, apoucamento e introversión, en contraste coa fase fálica do pobo vasco, en plena explosión expansiva.

 

 

Reiteramos pois que consideraríamos o “sentidiñoâ€? un trazo significativo  da personalidade colectiva do pobo galego, se isto existise. Así e todo, dende que a autonomía nos permite xestionar unha parte importante dos cartos públicos téñense producido unhas desaforadas ansias por iso das “infraestructurasâ€?, estradas ata  a aldea máis cativa, piscina e pavillón polideportivo por concello, universidade case  que por provincia e xa se sabe que aquela vila un pouco grande e que se prece ten que ter aeroporto. Curioso é que outras infraestructuras, que noutros países consideran imprescindibles, como recollida de lixo e reciclaxe, rede de sumidoiros ou mesmo traídas de auga públicas, non sexan situadas no nivel de importancia social das anteriores. Neste val noso a recollida do lixo é un desastre, a reciclaxe non existe, cando menos a metade das parroquias –ou máis- non teñen rede de sumidoiros e noutras tantas as traídas de auga fixéronas os veciños e polo tanto son privadas.

 

Pode que no que sexamos decididamente fálicos sexa no de comer e no das festas gastronómicas. Aquí si que superamos todos os “record Guinnes� habidos e por haber. E que ninguén se nos poña diante. Ese outro día tiven unha reunión cunha asociación de veciños parroquial que nos comunicou, non sen certa fachenda, que tiñan decidido promover a parroquia organizando unha festa gastronómica. ¡Tarde piache! En efecto, o principal problema que tiñan era decidir que froito da terra ou do mar, do río ou do ar, ían escoller para devorar na celebración. Xa que todos estaban collidos. Aquí, na miña parroquia, nas faldras do Galiñeiro, xa tiveron que optar polo xurelo. Non quedaba outro.

 

 

Nos últimos anos tense sumado a esta ansia deportiva de piscinas-pavillóns os campos de golf. De repente semella que todos nos volvésemos golfistas. Aquí, neste val noso, seica van facer uns cantos, polo de agora non chega a un por parroquia, pero todo se andará. Primeiro foi entre Donas e Mañufe, logo en Baredo, en Oia tamén houbo algo, hai anos en Chandebrito, agora de novo en Camos e con toque por Chandebrito, os de Donas non o quixeron, pero agora vénlle polo lado de Pinzás en Tomiño...

 

A diferencia entre as piscinas-pavillóns e os campos de golf está nos promotores. Dos primeiros eran os alcaldes os seus impulsores. Sabían que non había nada mellor que unha piscina ou un pavillón, aínda que logo non se abrise por non ter quen o limpase, para prolongar o seu mandato unha lexislatura máis. Os da Xunta e Consellería sabían que o sistema funcionaba e deixaron barrios ateigados de xente sen eles para poñelos en concellos de cinco mil habitantes dispersos por varias ducias de quilómetros cadrados.

 

No dos campos de golf, pola contra, os promotores son privados. Se non houbo un andazo que, de súpeto, converteu aos galegos e galegas en furibundos afeccionados a darlle cun ferro a unha bola branca, é difícil de comprender que rendibilidade pensan obter estes inversores. A non ser que o do campo de golf sexa un reclamo, un cebo, unha trampa, unha ensenrada para meter outra cousa que si xera apetitosos beneficios. Imos ver: quen vai mercar un chalé na Chan do Cereixo, se non vai acompañado dunha urbanización e dun engado para papaleisóns con cartos e con gañas de hipotecarse de por vida?