Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion Cartas ¿Que Europa queremos?

¿Que Europa queremos?

Correo-e Imprimir PDF

Pouco máis 47% dos galegos foi ás urnas nas pasadas eleccións europeas, apenas un punto por riba da media estatal. O euroescepticismo cidadá agárdase que sexa aínda maior cara este referendo, e o propio goberno traballa con previsións de participación arredor do 30%.

Estimular a interese polo debate sobre o futuro da UE convértese así en obxectivo dos partidos que na noite deste xoves comezan as súas campañas oficiais. Contámoslles de paso que Touriño aceptou a proposta do BNG para un debate a tres bandas na TVG. Ao respecto Fraga dixo "non ter nada que debater co señor Quintana".

Para contribuir o debate, Vieiros ten preparou un  especial, con entrevistas, os argumentos do si e do non, a importancia das duas posturas nos diversos paises, historia e cronoloxía da Constitución, estudo das consecuencias da sua aprovación ou non, ligazóns de interés etc.

Pero un dos aspectos mais intersantes é que hai duas formas nas que podes participar no debate. Unha é que van ir presentando artigos polémicos da Constitución para que os lectores voten, outra forma de Referendum votando os artigos de un en un.

A outra é que lles podes facer preguntas os políticos dos partidos galegos, que se comprometeron a respostar as preguntas dos lectores de Vieiros