Martes, 3 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Especiais Eleccións 24 M “Outro #Nigrán é posible”. O PSOE pecha a campaña cunha festa-mitin na Ramallosa.

“Outro #Nigrán é posible”. O PSOE pecha a campaña cunha festa-mitin na Ramallosa.

Correo-e Imprimir PDF
psoe-2015

O Partido Socialista de Nigrán pechará a campaña electoral este venres 22 de maio na Alameda da Ramallosa nunha "festa-mitin" que dará comezo ás 21:00 horas. Dende media tarde haberá animación e xogos para os máis pequenos e se dará fin á campaña coa actuación do grupo "Damciento6"

Os socialistas sinalan que o obxectivo de Juan González e o seu equipo é "dar un cambio radical no xeito de gobernar Nigrán, porque estamos seguros de que outro Nigrán é posible". Engaden que por elo durante estes 15 días de campaña "pedimos o respaldo da maioría que nos permita gobernar con firmeza e sen ataduras".

O PSOE-Nigrán comprométese a gobernar respectando e impulsando os valores de transparencia, participación "e apostando firmemente por un Nigrán para as persoas potenciando os Servizos Sociais e o Emprego e coa firme convicción de aprobar un Plan Xeral como motor económico e que permita que os veciños e veciñas de Nigrán non teñan que abandonar o seu concello e a súa parroquia para vivir".