Venres, 5 Jun. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Especiais Eleccións 24 M #Gondomar : As “Conversas coa veciñanza” do Manifesto Miñor percorren Vilaza e Chaín

#Gondomar : As “Conversas coa veciñanza” do Manifesto Miñor percorren Vilaza e Chaín

Correo-e Imprimir PDF
candidatura-manifesto

Este martes 19 de maio, ás 20.30 no Centro Cultural de Vilaza terán lugar as "Conversas coa Veciñanza"que desenvolve o Manifesto Miñor nas parroquias de Gondomar. Antonio Arauxo, candidato a alcalde, "responderá a tódalas preguntas das persoas presentes". Mañá, mércores 20 de maio, ás 20.30 será no Centro Cultural de Chain
Estas conversas xa se viñeron realizando en Couso, Borreiros, Vincios, Peitieiros, Morgadáns, Vilas, Prado, San Cibrán, Donas e Couso, "e están acadando unha ampla participación", sinalan dende a formación.


As conversas coa veciñanza" teñen como obxectivo achegar os candidatos do Manifesto Miñor á veciñanza e enmarcánse dentro da filosofía da plataforma de facer concellos accesibles e onde sexan os veciños e veciñas os que tomen as decisións".