Sábado, 6 Jun. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Especiais Eleccións 24 M Lidia Senra ofrece o seu apoio para canalizar iniciativas gondomareñas no parlamento europeo.

Lidia Senra ofrece o seu apoio para canalizar iniciativas gondomareñas no parlamento europeo.

Correo-e Imprimir PDF
lidia gca

A deputada no parlamento Europeo por Alternativa Galega de Esquerda (AGE), Lidia Senra, visitou a vila de Gondomar para amosar o seu apoio a candidatura de Gondomar Concello Aberto.

Segundo da conta a candidatura, a deputada europea falou sobre as diferentes problemáticas que enfronta o Grupo Confederal de la Izquierda Unitaria Europea / Izquierda Verde Nórdica (GUE-NGL) en Europa, e amosou a súa disposición a canalizar as demandas da cidadanía de Gondomar no parlamento Europeo.

Por outra banda, sinalan que a deputada fixo fincapé na importancia dos valores fundacionais de Gondomar Concello Aberto: "a unidade da esquerda, a pluralidade, a participación, a transparencia, o traballo en equipo, e a renovación política que supón para Gondomar esta candidatura."