Os máis pequenos disfrutaron este mércores dunha particular tarde de xogos nas beiras do río Muíños. Acompañados dun agarimoso grupo de "piratas" desenvolveron unha divertida ruta de 4 quilómetros polo Muíños. Nela desenvolveron distintas dinámicas, coñeceron unha das paisaxes fluviais máis importantes da bisbarra e recibiron obsequios dos organizadores.
Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor
#Nigrán : Os máis cativos disfrutaron dunha “peque-ruta” de piratas nas beiras do Ríos Muíños.
O Concello de Nigrán organiza unha xornada de limpeza de plantas invasoras do sistema dunar de Panxón
O Concello de Nigrán organiza este xoves a súa primeira xornada de limpeza de especies invasoras no ecosistema dunar de Praia América-Panxón. Para elo, fai un chamamento a tódalas aquelas persoas voluntarias que estean interesadas en participar. O punto de encontro é ás nove da mañá na Oficina de Turismo Dunas de Gaifar, ubicada a escasos metros do lugar.
A policía local de #Nigrán detivo a un mozo por suposto delito de violencia de xénero
A Policía Local de Nigrán detivo a mañá do sábado 25 de xullo a un mozo por suposto delito de violencia de xénero. Os feitos ocorreron sobre as 10.20 horas, cando unha veciña do edificio situado en rúa Dos Pazos deu unha chamada de aviso á policía denunciando gritos e golpes nun dos pisos. Ao lugar desprazáronse varias unidades e unha patrulla da Garda Civil de Baiona. Ao chegar, o mozo abriu a porta admitindo que estivera discutindo coa súa parella e que froito do acaloramento rompeu unha mesa pequena. A policía contrastou o sucedido con ela, que se atopaba noutra habitación, e ofreceulles unha versión diferente, relatando que a agarrou polo brazo para impedirlle saír do cuarto e despois polo pescozo con forza, soltándoa violentamente sobre a cama e comezando despois a golpear mobles.
Nigrán-Decide pide o cumprimento do compromiso de convocar o Consello Sectorial do PXOM
A candidatura NIGRÁN DECIDE pide ao alcalde de Nigrán a convocatoria "urxente da Asemblea do Consello Sectorial do PXOM de Nigrán", para que sexan informados os colectivos veciñais da situación de tramitación do PXOM, segundo anuncian nun comunicado. Denuncian que o alcalde socialista, Juan González incumpriu o compromiso asumido coa súa agrupación, pois xa debiu telo convocado.
Dende a agrupación lembran que "tal como se configurou o Consello Sectorial do PXOM no seu regulamento aprobado por unanimidade o 28 de maio de 2008, é o órgano para canalizar a participación da cidadanía na tramitación do PXOM".
#Nigrán : Oito auxiliares de policía reforzan o cadro fixo nos vindeiros seis meses.
O Concello de Nigrán anuncia a contratación de oito auxiliares de Policía Local que prestarán apoio ao cadro fixo, desenrolando o seu traballo no municipio durante seis meses. O novo persoal, que xa exerce dende o 15 de xullo, foi recibido hoxe polo alcalde Juan González e por Rubén Rial, concelleiro de Vías e Obras, Servizos Urbanos e Seguridade.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL