Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

Sae a exposición pública a autorización para as intervencións no Río Muíños á altura de Porto do Molle.

Correo-e Imprimir PDF

porto molle aereoO obxectivo da obra é a diminución de vertidos de augas pluviais derivadas da zona do parque tecnolóxico na canle do río.

O Concello de Nigrán solicita de Augas de Galicia a autorización de obras no lugar de Porto do Molle, parroquia de San Pedro da Ramallosa (Santa Baia). A tales efectos o Boletín da provincia desta xornada publica os detalles da obra (Expediente: DH.W36.49725) e sinala que o expediente ábrese a información pública por 20 días, segundo prescribe o Regulamento do dominio público hidráulico.

UCN esixe axilizar a aprobación das tarifas do servizo de taxi urbano en #Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

antonio fernandezO partido independente, Unión Centrista de Nigrán (UCN), por medio do seu portavoz, Antonio Fernández, suscitou no pasado pleno ordinario de xullo, un Rogo ao goberno local, no sentido de que se axilicen os trámites administrativos no expediente de aprobación das tarifas do servizo urbano de Taxi no municipio, recollendo así, sinalan, "a inquietude e preocupación do citado colectivo polo que entenden unha demora inxustificada para a súa aprobación definitiva, situación que está xerando un grave prexuízo económico aos autónomos do taxi".

Socialistas pedirán no parlamento que a Xunta manteña o convenio de abastecemento ás parroquias de #Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

juan gonzalezO grupo parlamentario considera a súa revogación un asunto de "extrema gravidade" e a vincula a unha decisión "político partidaria"
Juan González, alcalde de Nigrán, afirma que "con ou sen axuda da Xunta" a obra se levará a cabo

O PsdG-PSOE pedirá que se debata na mesa parlamentaria da comisión de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos unha proposición non de lei co fin de que o propio Parlamento inste á Xunta de Galicia a manter o convenio de 2013 que incluía o abastecemento de auga a Parada e outras parroquias de Nigrán.
Sinalan que o Pleno do Concello de Nigrán aprobou o pasado xoves 30 de xullo con tódolos grupos a favor o citado acordo pese a que o 27 de xullo o organismo Augas de Galicia comunicou por escrito a súa revogación do mesmo "por incumprimento" (feito rexeitado por tódolos partidos). Tamén por unanimidade, decidiuse engadir unha enmenda para solicitar a Augas de Galicia que deixe sen efecto a súa decisión e, de non producirse tal revogación, facúltase á Alcaldía a acudir aos tribunais.

#Nigrán : Multitudinaria convocatoria da Romaría da Virxe da Saúde na parroquia de Parada

Correo-e Imprimir PDF

parada virxe saudeA parroquia de Santiago de Parada está a celebrar cunha concorrencia multitudinaria a Romaría da Virxe da Sáude. Os actos relixiosos do sábado ás 12 e 18 horas foron seguidos por centos de devotos na procura das bendicións milagreiras da virxe.

#Nigrán : Auxilian en Patos a un surfista a piques de accidentarse.

Correo-e Imprimir PDF

ambulancia-061O Centro de Atención ás Emerxencias rexistrou esta tarde o rescate a un surfista que se atopaba en apuros en Nigrán, na praia de Patos.

Foi un viandante quen rescatou á persoa, que se atopaba a uns dous quilómetros da costa, segundo fontes de Emerxencias.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL