Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Sae a exposición pública a autorización para as intervencións no Río Muíños á altura de Porto do Molle.

Sae a exposición pública a autorización para as intervencións no Río Muíños á altura de Porto do Molle.

Correo-e Imprimir PDF
porto molle aereo

O obxectivo da obra é a diminución de vertidos de augas pluviais derivadas da zona do parque tecnolóxico na canle do río.

O Concello de Nigrán solicita de Augas de Galicia a autorización de obras no lugar de Porto do Molle, parroquia de San Pedro da Ramallosa (Santa Baia). A tales efectos o Boletín da provincia desta xornada publica os detalles da obra (Expediente: DH.W36.49725) e sinala que o expediente ábrese a información pública por 20 días, segundo prescribe o Regulamento do dominio público hidráulico.

Segundo avanza o documento as obras consistirán na reparación de pozos de saneamento mediante "selado e recrecido de estrutura, instalación dun aliviadoiro con tamiz autolimpable previo á entrada á depuradora. Tamén a clausura de tramo de colectores anulados e acondicionamento e rexeneración da contorna fluvial degradada a base de pantallas vexetais ou de aceiro, coieiras en muros derrubados, rexeneración de especies vexetais de muros tipo krainer, na zona de influencia do río Muíños".