Xoves, 30 Mar. 2023

Actualizado04:28:43 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

UCN acusa ao voceiro do PP : “O ancho do embude para el e a parte estreita para os demais”

Correo-e Imprimir PDF

O portavoz do partido independente, Unión Centrista de Nigrán (UCN), "lamenta a actitude sectaria do PP e o exalcalde Alberto Valverde, ao suscitar recurso contra o acordo plenario polo que se aprobou por ampla maioría e cos votos favorables do PSOE, Nigrán-Decide, BNG e UCN, que tanto o partido Independente como o BNG puidesen constituírse como grupo municipal propio, e non agruparse ambos partidos baixo o grupo mixto, como sucedeu na pasada lexislatura co PP no goberno, evitando así dar participación e pluralidade a todos os membros da corporación, especialmente nas comisións informativas". O tema será tratado o vindeiro xoves na comisión informativa do pleno.

O Concello de Nigrán levará ao pleno a contratación do abastecemento de auga en Parada.

Correo-e Imprimir PDF

O goberno socialista de Nigrán levará ao seu primeiro pleno ordinario do 30 de xullo a contratación das obra de abastecemento de auga na parroquia de Parada. A actuación, contemplada nun convenio de colaboración de decembro de 2013 entre o Concello e Augas de Galicia que conta cunha dotación orzamentaria de 553.216,85 euros, segundo informan dende o Concello. A mesma e é considerada "prioritaria" polo actual goberno, que pretende así "axilizar ao máximo este proceso despois de que o expediente permaneza parado dende febreiro deste ano"
Engaden dende a alcaldía que "o retraso sufrido na súa tramitación non supoña ningún atranco para que siga adiante e que a Xunta manteña a súa aposta pese ao cambio de cor político no Concello".

A Xustiza confirma a absolución dos cargos por prevaricación ao edil de #Nigrán Antonio Fernández.

Correo-e Imprimir PDF

A sentencia do provincial confirma a absolutoria ditada pola xustiza penal o pasado 27 de marzo e recorrida pola fiscalía, no proceso no que era acusado Antonio Fernández de prevaricación administrativa. O Ministerio Fiscal solicitaba 9 anos de inhabilitación para o desempeño de cargo público. O xuízo estivo a cargo do Xulgado de Instrución número 3, con dilixencias iniciadas a finais do ano 2009. Nelas acusábase a Fernández da emisión de facturas por valor de 63 mil euros por traballos supostamente non realizados.

Socialistas rexeitan recurso do PP para que UCN e BNG perdan o grupo propio na corporación de #Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

O goberno socialista de Nigrán afirma que manterá "a súa aposta firme pola máxima representación política e participación dos diferentes partidos na corporación".

O PSOE informa a través dun comunicado que o Partido Popular de Nigrán ven de poñer un recurso de reposición contra a decisión aprobada por tódolos demais partidos políticos (PSOE, Nigrán Decide, BNG e UCN) no pleno do día 25 de xuño, onde se acordou facilitar que UCN e BNG formasen grupo propio sen ter que integrarse nun mixto (estas formacións acadaron un único concelleiro cada unha).

O BNG constitúe un novo concello local en #Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

candidaturanigranO pasado martes tivo lugar a sesión constitutiva do novo Consello Local do Bloque Nacionalista Galego de Nigrán, recentemente elixido, convocado polo tamén novo responsable local da formación, Adrián Rei, número 2 da candidatura do BNG Asembleas.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL