O pasado luns 22 de xuño deu comezo o Campamento de Verán 2015, para 90 nenos e nenas de entre 4 e 11 anos, organizado polo Concello de Nigrán cos obxectivos principais de favorecer a conciliación das familias nos períodos non lectivos e a súa vez dar resposta ás necesidades lúdico-educativas dos e das menores dende o 22 de xuño ata o 31 de xullo de 2015.
Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor
90 nenos e nenas de Nigrán inician o Campamento de verán 2015
Inaugúrase a tempada estival en #Nigrán : Os areais do Lourido visten de azul.
Para os veciños segue a ser a praia de Lourido inda que Praia América sexa o topónimo imposto a forza de reiteración. Pero máis alá do nome, o certo é que por 24ª vez e de xeito consecutivo os seus areais gozan dunha bandeira azul como distinción da súa calidade medioambiental. Galardón que esta tarde tivo o acto de izado da man do alcalde Juan González e o seu homónimo de Gondomar, Francisco Paco Ferreira en calidade de presidente da Mancomunidade do Val Miñor.
UCN salienta o espírito de consenso co que traballa a nova corporación de #Nigrán.
A Unión Centrista de Nigrán (UCN), sinala que valora positivamente a celebración do pasado pleno de organización "non só como consecuencia do seu desenvolvemento, senón tamén polas propostas do goberno abertas e participativas na procura de acordos de consenso co resto das forzas políticas, en contraposición con formulacións do pasado, con propostas absolutistas e pechadas".
Chandebrito vai a polas promesas electorais do novo goberno municipal de #Nigrán.
Hai case un ano, o martes 15 de xullo de 2014 veciños de Chandebrito descubrían consternados a deturpación de dous dos seus emblemas parroquiais. Os conxuntos de arte rupestre de Chans de Rapadouro e da Lapela foran obxecto de actos vandálicos que os desfiguraron para sempre. Por si fora pouco, os autores da brincadeira tamén a acometeron contra os valados e sinalización que constituían parte do espazo de recreo e interpretación etnográfico e arqueolóxico financiado pola Unión Europea e iniciado en 2005. Chandebrito 1807, foi o colectivo que saíu a denunciar ante as administracións competentes o que estaba a pasar. A desfeita segue impune e o silencio administrativo foi a resposta acadada por estes veciños tanto do Concello como da Xunta de Galicia.
Unha comisión honoraria velará polo cumprimento das reclamacións da veciñanza á alcaldía en #Nigrán.
Unha comisión honoraria encargarase de dar seguimento ás suxestións e reclamacións presentadas pola veciñanza ante a alcaldía de Nigrán. Así o resolveu por unanimidade o pleno de Nigrán tras proposta dos edís de N-Decide. Co nome Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións, supervisará a actividade da administración municipal, e deberá dar conta ao Pleno, mediante un informe anual, das queixas presentadas e das deficiencias observadas no funcionamento dos servizos municipais, con especificación das suxestións ou recomendacións non admitidas pola administración municipal.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL