A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, reuniuse co alcalde de Nigrán, Juan Antonio González Pérez, para analizar a situación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) deste municipio. Trala reunión, Rivas manifestou a intención da Xunta de "darlle o impulso definitivo e acadar a súa aprobación total".
Encarnación Rivas trasladoulle ao rexedor municipal que na actualidade a Xunta non ten pendente a emisión de ningún tipo de informe urbanístico, xa que, sinala, o informe previo á aprobación inicial (IPAI) emitiuse en abril de 2012.