Sinalan que estiveron a piques de pechar a asociación e entregar as chaves da sede da Rúa Manuel Lemos Nº 88, ao Concello de Nigrán se tras o chamado de maio non se presentaban candidaturas para a directiva na xuntanza prevista para o día 11 de xullo. Finalmente un grupo de veciños de San Pedro decidiu conformar nova dirección e saír pola parroquia na procura de apoios e iniciativas que permitan reactiva A Unión, asociación veciñal de afastada traxectoria na parroquia de San Pedro da Ramallosa e Nigrán.
Nese senso convidan aos barrios a levar un representante, e que veciños con iniciativas para actividades, eventos, cursos, etc, tamén o fagan.
Informan que están a visitar as casas da parroquia presentando o grupo, cobrando a cota anual de 15 euros e convidando a facerse socio colaborador de A Unión. "Esta pequena cota anual é necesaria para oder levar a cabo proxectos beneficiosos para o vecindario", sinalan nunha circular repartida en Nigrán.
Engaden que cara setembro vaise convocar asemblea informativa para organizar a planificación das actividades.