A Unión Centrista de Nigrán (UCN), sinala que valora positivamente a celebración do pasado pleno de organización "non só como consecuencia do seu desenvolvemento, senón tamén polas propostas do goberno abertas e participativas na procura de acordos de consenso co resto das forzas políticas, en contraposición con formulacións do pasado, con propostas absolutistas e pechadas".
UCN entende que o feito de ser aprobadas todas as propostas de forma consensuada coa maioría dos grupos da oposición, "pon de manifesto o grado de madurez democrática dos distintos grupos políticos, o que demostra que cando existe vontade política para alcanzar acordos de consenso -desde a pluralidade- sempre é positivo e enriquecedor, dado que contribúe a reforzar as Institucións, desde o dialogo e a participación de todos".
O seu portavoz Antonio Fernández Comesaña, engada que o seu grupo valora moi positivamente o feito de que tanto BNG como UCN "podamos constituírnos como grupo municipal propio, sen ter que estar incluídos no grupo mixto; formulación que formulamos ambos grupos políticos e que tanto o Psoe como o grupo Nigrán-Decide, apoiaron favorablemente, o que permite maior autonomía e garante a participación en todas as comisións informativas, de ambos grupos políticos".