Mércores, 9 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O Concello de Nigrán festexa o sábado San Fiz, patrón do municipio.

O Concello de Nigrán festexa o sábado San Fiz, patrón do municipio.

Correo-e Imprimir PDF
banda vincios traxe

O Concello de Nigrán festexa este sábado 1 de xullo San Fiz, patrón do municipio e día festivo local. Para elo, o Concello anuncia unha serie de actos ao longo de toda a xornada co fin de darlle "a máxima visibilidade a unha data tan sinalada para a localidade". Así, ás 11.00 da mañá, está previsto que a Banda de Música de Vincios faga entrada no Concello e ofrezca un concerto ao que está previsto que asista todo o goberno local.

Xa ás 12.00 horas terá lugar un acto relixioso (misa solemne) no Ceán acompañado pola mesma banda e, ao redor da unha, repetirán unha actuación no propio campo da festa.

Pola noite, dende as 21.30 horas, dará comezo a verbena amenizada polos grupos Ébano e Danubio. Ao longo do día haberá unha gran tirada de fogos a cargo da pirotécnica Argimiro Arborés.

O alcalde de Nigrán, Juan González, achegou nesta xorñada un saúdo e felicitacións "a tódolos veciños e desexarlles que pasen un bo día nesta data tan destacada para o municipio".