O Concello de Nigrán organiza este xoves a súa primeira xornada de limpeza de especies invasoras no ecosistema dunar de Praia América-Panxón. Para elo, fai un chamamento a tódalas aquelas persoas voluntarias que estean interesadas en participar. O punto de encontro é ás nove da mañá na Oficina de Turismo Dunas de Gaifar, ubicada a escasos metros do lugar.
A actividade está previsto que dure tres horas e que culmine coa total desaparición de especies foráneas. O Concello ten previsto organizar actividades de mellora e protección do sistema dunar os xoves alternativamente. A próxima será o xoves 13.