Os máis pequenos disfrutaron este mércores dunha particular tarde de xogos nas beiras do río Muíños. Acompañados dun agarimoso grupo de "piratas" desenvolveron unha divertida ruta de 4 quilómetros polo Muíños. Nela desenvolveron distintas dinámicas, coñeceron unha das paisaxes fluviais máis importantes da bisbarra e recibiron obsequios dos organizadores.
A actividade desenvolveuse con gran alegría inda que ao principio o tempo ameazaba con algunhas pingueiras. O encontro estivo supervisados pola Concellaría de Turismo, Cultura, Xuventude e Igualdade do Concello de Nigrán, dirixida por Ana Pérez.