Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Detidos dous concelleiros do PP de Gondomar acusados do presunto cobro de comisi

Correo-e Imprimir PDF
 A Garda Civil detivo a dous concelleiros de Gondomar, ambos do PP, pola súa presunta implicación nun delito de cohecho por cobro de comisións. Fai dez días, o pleno do Concello aprobou o plan de Urbanismo entre as críticas da oposición.

O urbanismo volveu a estalar no Val Miñor. Dous concelleiros do equipo de goberno do PP na corporación municipal de Gondomar foron detidos na noite de onte por axentes da Garda Civil nunha operación especial na que tamén caeron a compañeira sentimental dun deles e o arquitecto municipal.

Os catro estaban sendo seguidos desde había tempo cun control constante, ao resultar sospeitosos de integrar unha trama que cobraba comisións a cambio de regularizar e axilizar actuacións e licenzas urbanísticas na localidade do sur da provincia de Pontevedra. 

Compostaxe: prevención e restauración

Correo-e Imprimir PDF
O proxecto Compostaxe: prevención e restauración consiste na contribución á posta en marcha do proceso experimental para o deseño dunha Planta de compostaxe de materia vexetal coa finalidade de xerar compost que permita levar a cabo, entre outras cousas, labores de restauración ambiental de áreas degradadas.

Con este proxecto trátase de aumentar a prevención de incendios mediante a recollida de mato. Mediante a reducción e eliminación da biomasa de crecemento anual nas zonas máis sensibles dos bosques reducirase enormemente a capacidade pirofítica da vexetación do monte, sobre todo nos meses de verán que son críticos no sur de Galicia. 

O PXOM de Gondomar sae adiante só cos votos do Partido Popular

Correo-e Imprimir PDF
Fonte Voz de Galicia
O goberno municipal de Gondomar aprobou o venres cos seus votos o documento inicial do futuro Plan Xeral.

Os veciños e entidades sociais disporán de 45 días para presentar alegacións cando o proxecto de achaiadura apareza publicado no Diario Oficial de Galicia.
O departamento municipal de Urbanismo habilitará unha oficina atendida por un técnico onde todos os interesados poderán coñecer todos os detalles do PXOM en horario de mañá e tarde.

O goberno de Gondomar aprobará o Plan Xeral sen consensualo coa oposición

Correo-e Imprimir PDF
Fonte La Voz de Galicia: A. Martínez 
O Plan Xeral de Gondomar sairá mañá adiante cos votos do equipo de goberno. A oposición, que suma oito concelleiros, anunciou onte que non aprobará o documento. O alcalde, Carlos Silva Mariño, non logrará o obxectivo que case alcanzou o seu antecesor, Ramón Sestelo, no ano 97, cando a achaiadura aprobada aquel ano só tivo os votos en contra do PSOE. 
A oposición lamentan a falta de información facilitada polo goberno local. O portavoz do BNG, Antonio Arauxo, critica que o goberno local decidiuse a debater o documento sen contar co informe preceptivo da Dirección de Urbanismo. A maiores, afirman que o goberno municipal modificou a achaiadura, polo que non ten nada que ver co que foi remitido á Xunta.


Manolo Sanlucar impartirá unha Master Class de guitarra en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
Del 16 al 20 de frebreiro se celebrará el V Curso internacional de Guitarra Concello de Gondomar organizado por la Concellería de Cultura del concello de Gondomar.

Esta edición contará cun curso paralelo e gratuito para a vencindade de Gondomar para fomentar a nivel popular unha positiva aproximación ao mundo da guitarra clásica.

Así mesmo o Curso contará coa participación dunha das lendas vivas da guitarra clásica como é o guitarrista e compositor gaditano Manolo Sanlucar. Un guitarrista innovador que soubo fusionar o flamenco coa música clásica.

Manolo Sanlucar impartirá unha Master Class no curso para os e as asistentes ao mesmo na que expondrá, con exemplos gráficos, fundamentos que servirán para toda a carreira musical dos e das guitarristas e que ao mesmo tempo será de gran interese para os ointes.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL