Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Charla en Peitieiros sobre A muller no político e no social

Correo-e Imprimir PDF
A Xestora do Centro Cultural e Recreativo de Peitieiros co gallo do Día Internacional da Muller, organiza para hoxe unha charla coloquio baixo o título "A muller no político e no social". Na charla tratarase de facer unha análise sobre a participación e a situación da muller nestes eidos nos concellos do Val Miñor.

A charla contará coa particiación de: Rocío Cambra (Vocal Asoc. de Mulleres do Val Miñor),  Milagres Chapela (Presidenta Asoc. de Mulleres do Val Miñor "Area Loura"), Rosa Mª Cristaleiro (Presidenta Asoc. de Mulleres Rurais de Gondomar), Mª Luisa Varela (Concelleira Bloque Nacionalista Galego), Mª José Misa (Representa a Move Gondomar), Mª Luisa López (Concelleira Partido Popular), Isabel Pérez (Candidata Partido Socialista).

O pleno de Gondomar insta á Xunta a que paralice o PXOM

Correo-e Imprimir PDF
Segundo informa a Voz de Galicia, o Pleno do Concello de Gondomar acordou instar á Xunta de Galicia a que paralice de forma inmediata a tramitación do Plan Xeral de Ordenación Urbana Municipal (PXOM) aprobado, inicialmente, o pasado xaneiro.

Este acordo contou con oito votos a favor, os do PSOE (1), BNG (4) e independentes (3) fronte aos sete do PPdeG, despois de que dous dos seus concelleiros entregasen a súa acta de concelleira tras ser detidos por un suposto delito urbanístico.

A moción foi presentada polo PSOE e contou cunha emenda dos independentes de Move Gondomar que se realizou durante un receso de cinco minutos.

O caso Gondomar revela que se pediu un millón de euros por recalificar tres lei

Correo-e Imprimir PDF

Fonte a Voz de Galicia
O sumario considera seis das dez imputacións en grao de tentativa.
Mosquera asegurou na súa declaración que os fondos eran para pagar campañas electorais

O caso da suposta corrupción urbanística destapado a semana pasada en Gondomar afecta a máis promocións inmobiliarias que a que deu orixe á denuncia presentada na fiscalía viguesa o pasado mes de novembro. Segundo puido constatar onte La Voz de Galicia, parte dos imputados solicitarían case un millón de euros en total a cambio de recalificar tres parcelas do municipio para permitir construír nelas a través de convenios urbanísticos alcanzados co Concello para tal fin.

O alcalde de Gondomar destitúe dos seus cargos aos edís imputados

Correo-e Imprimir PDF
Fonte a Vozde Galicia
Alejandro Gómez anunciou onte á noite que renuncia á súa acta, e Mosquera farao hoxe. A dirección galega do PP abriu o proceso para expulsar ao que era tenente de alcalde.
Na gravación óese ao concelleiro de Gondomar regateando a comisión. O edil de Cultura fixa a cantidade que pide, unha posible rebaixa e os prazos esixidos

A Garda Civil actúa con nocturnidad e alevosía segundo os dirixentes do PP

Correo-e Imprimir PDF

Fonte Faro de Vigo
A detención dos dous concelleiros do Partido Popular de Gondomar caeu como unha bomba onte no municipio. A falta de información e as noticias confusas que se propagaron ao pouco tempo de coñecerse a noticia levaron o caos e as contradicións ás persoas máis próximas dos detidos. "A Garda Civil actuou sen mediar palabra. Chegaron e leváronllo", aseguraba onte un familiar de Alejandro Gómez Garrido, responsable de Urbanismo gondomareño. A mesma fonte aseguraba que a esposa do concelleiro mostrábase onte á noite "tremendamente preocupada" porque "non sabe de que se lle acusa, nin onde está agora nin onde vai pasar a noite". A desinformación, lamentaba este familiar, era absoluta. 

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL