Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

O ex alcalde de Gondomar e cinco edís, a xuízo pola concesión ilegal de 300 licenzas

Correo-e Imprimir PDF

Ex-alcalde Carlos Silva - Foto Gustavo Rivas, A VozA causa contra o ex alcalde de Gondomar, o popular Carlos Silva, e os cinco membros da súa xunta de goberno pola concesión supuestamente irregular de 300 licenzas urbanísticas segue adiante coa apertura do xuízo oral.

 

O fiscal descarta as penas de prisión no caso de suborno de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
O ex-concelleiro de Cultura Mosquera, á saida do xulgadoOs imputados por un delito de suborno en Gondomar non irán a prisión. A Fiscalía de Vigo descarta incluír no seu escrito de cualificación a petición de penas de cárcere para as catro persoas investigadas por un suposto delito de suborno no que se viron implicados dous concelleiros de Gondomar, a noiva dun deles e un arquitecto privado de Vigo.

A unidade comarcal do Benestar e Igualdade de Gondomar atenderá ao Baixo Miño e ao Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF
Arauxo e Castillo diante das instalacións do centro comarcal de igualdade en GondomarO anuncio de Vicepresidencia de Igualdade de instalar unha unidade comarcal de Benestar no Porriño abriu a polémica en Gondomar e retomarase mañá non pleno a raíz dunha moción presentada polo PP para abordar este tema.

O PP cre ´deficientes´ as obras de saneamiento en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
O Partido Popular de Gondomar critica que as obras de saneamiento que se executan no municipio "non se realizan con todas as garantías". Refírese o portavoz "popular", Carlos Silva, aos traballos que se desenvolven nas parroquias de Mañufe, Doas e Borreiros onde os veciños "denuncian camiños levantados, cortados e obras de reposición que non se realizan ou se fan mal", agrega.

Falecen dous mozos en senllos accidentes de tráfico en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
Dous accidentes de tráfico ocorridos no termo municipal de Gondomar (Pontevedra) ao fío da pasada medianoite, con tan só unha hora de diferenza, saldáronse coa morte dun menor de idade de 15 anos e un mozo de 21 anos, segundo informaron fontes da Garda Civil de Tráfico. O primeiro dos sinistros rexistrouse ás 23.00 horas de onte na estrada EP-2302, que comunica Gondomar-Chaín e Morgadanes, cando se saíu da vía o turismo no que viaxaba o adolescente de 15 anos falecido, I.R.P. Pola súa banda, o mozo que conducía o vehículo, A.T.F., de 21 anos de idade, resultou ferido leve.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL