Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

O PSOE e PP volven deixar sen soldos ao goberno de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
Concellais do goberno en GondomarPolo momento só o alcalde, Antonio Araúxo, percibirá unha retribución polo seu labor á fronte do goberno municipal de Gondomar. O voto en contra do Partido Popular e unha nova abstención do PSOE impediron por terceira vez ao BNG -que aínda goberna en minoría pola súa falta de sintonía cos socialistas- ver aprobada a súa proposta de dedicacións exclusivas.

Arauxo intentará desbloquear a situación das dedicacións en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
O alcalde de Gondomar intentará hoxe por terceira vez que a oposición lle aprobe as dedicacións dos seus concelleiros e a contratación do persoal eventual. O BNG volverá ao salón de plenos en minoría tras non conseguir restablecer as negociacións co PSOE co fin de crear un goberno estable no municipio.

Gondomar a Man - Segunda feira de artesania.

Correo-e Imprimir PDF
Foto: vigometropolitano.comA Casa da Cultura de Gondomar acolleu onte a presentación da Feira de Artesanía “Gondomar a man” que se celebrará na Vila do 7 ao 9 de setembro. O alcalde de Gondomar, Antonio Araúxo, presentou o evento acompañado do concelleiro de Mercados e Feiras, Pauliño do Rio e o presidente de ACHEGO, a asociación de comerciantes e hostaleiros do municipio, Manuel Copena.

Fan falla 20 días para conseguir pasar a ITV

Correo-e Imprimir PDF
A protesta dos traballadores deixou máis de 4.000 coches sen revisarEn  Porriño hai que esperar ata o 1 de outubro. Para evitar máis atrasos, haberá inspeccións móbiles desde hoxe en Sanxenxo, Bueu e Gondomar. Moita paciencia e tempo serán indispensables para aqueles condutores que teñan que pasar a ITV ao seu vehículo en Vigo. Onte, conseguir cita para a estación de Peinador non era posible ata o 26 de setembro.

O ex alcalde baionés Quintas derruba o muro do pazo de Barreiro sen permiso

Correo-e Imprimir PDF
Chicho derruba a muralla do pazo de BarreiroGondomar rexistrou onte unha nova agresión ao seu patrimonio histórico, nesta ocasión promovida por un ex responsable político da comarca. O ex alcalde de Baiona Benigno Rodríguez Quintas puxo en marcha a derriba de parte da muralla que rodea ao pazo de Barreiro, na parroquia de Vilaza, sen licenza municipal nin o permiso preceptivo da Dirección Xeral de Patrimonio.  Ver video TVG

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL