A folga de principios do verán deixou sen inspeccionar 4.300 coches na provincia e as consecuencias déixanse sentir á volta de vacacións. Por iso, os responsables da ITV puxeron en marcha un servizo itinerante. Desde onte ata o xoves, haberá unha estación de revisión móbil en Sanxenxo, do venres ao 13 de setembro trasladarase a Bueu e do 13 ao 24 de setembro estará en Gondomar. Se se quere solicitar a ITV nestas novas estacións hai que chamar ao 629 163 107 onde se dará cita e hora.
Continúa en 20 Minutos