- A unidade instalarase no Parque das Ánimas do 10 ao 19 de setembro
-Os vehículos de dúas rodas poderán pasar a revisión o 3 de setembro
O Concello de Gondomar informa que a unidade móbil de inspección técnica periódicas de vehículos lixeiros se instalará no Parque das Ánimas os días 10, 11, 12, 13, 14, 18 e 19 de setembro, en horario de 9:00 a 13:30 pola mañá e de 15:15 a 18:00 pola tarde. Os interesados deben solicitar cita previa no teléfono 881920981.
Tamén poderán pasar inspección técnica os vehículos de dúas rodas (ciclomotores, motocicletas e quad's). Soamente será o día 3 de setembro de 9:00 a 13:30 e de 15:15 a 18:00. O teléfono de contacto é 669 129 956.
Todos os interesados poderán facer as súas consultas e solicitar máis información na Xefatura da Policía Local. O día 17 de setembro o servizo móbil de inspección estará pechado.