Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Charla coloquio .sobre a marcha internacional das mulleres. en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
A Asociación de Mulleres do Val Miñor organiza unha charla coloqui sobre as últimas actividades levadas a cabo pola Marcha Mundial das Mulleres. A charla terá lugar este xoves ás oito da tarde na Casa de Cultura de Gondomar.

Laura Añón, integrante da Marcha Mundial das Mulleres fará a presentación do encontro Internacional de Mulleres no Perú no 2006 e do próximo encontro internacional en Vigo para este ano 2007.

Nigrán perderá subencións da Xunta por non entregar as contas

Correo-e Imprimir PDF
Fonte - A Voz de Galicia
A Xunta só dará subvencións aos concellos que se sometan ao Consello de Contas
O Goberno galego fará da rendición de contas condición sine qua non para que os concellos poidan recibir subvencións da comunidade autónoma. Nestes momentos, máis dun centenar dos 315 concellos de Galicia non remiten a súa contabilidade ao Consello de Contas, co que desde este ano pon en xogo unha parte dos 275 millóns de euros que o Executivo galego destina aos concellos. A maiores, os municipios recibirán 106 millóns do Fondo de Cooperación Local, que inclúe seis de incremento, produto do pacto coa Fegamp.

De acordo coa última conta xeral das corporacións locais elaborada polo órgano fiscalizador, municipios como Redondela, Oleiros, Cangas e A Estrada non renderon contas en prazo. Tampouco o fixeron ao seu debido tempo outros beneficiarios de axudas, como Vilanova de Arousa, Sada, Teo, A Pobra, Nigrán, O Porriño, O Barco e Noia.

Os comuneiros de Vincios proxectan un complexo deportivo de 40.000 metros

Correo-e Imprimir PDF
Fonte A Voz de Galicia
A comunidade de montes de Vincios proxecta a construción dun complexo social e deportivo nunha superficie de 40.000 metros cadrados situada na subida ao Galiñeiro.
As instalacións estarán situadas na zona do Padrón e contarán cun campo de fútbol de herba sintética, outro de futbito e tres canchas de baloncesto. Tamén terán un rocódromo, dada a gran cantidade de afeccionados ao deporte da escalada que atraen cada fin de semana os montes do municipio de Gondomar.
O proxecto complétase coa construción dun edificio dotacional que albergará un centro de interpretación da natureza.

A xuíza rexeita a petición de anular como proba as cintas do caso Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
Fonte - A Voz de Galicia
A xuíza encargada de instruír o caso de suposta corrupción urbanística en Gondomar decidiu non aceptar as peticións de prescindir como proba das cintas gravadas a dúas dos imputados. Os razoamentos dos letrados da defensa sobre a suposta irregularidade -na tramitación dos permisos para levar a cabo as gravacións telefónicas e de vídeo- non foron aceptados pola titular do Xulgado de Instrución número 6 de Vigo, que foi ademais a que no seu día asinou cada un dos permisos solicitados polos axentes da Garda Civil que realizaron as investigacións.

Presentación candidatura do BNG en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
Presentación de Arauxo en GondomarMañá domingo ás 12hs. no Auditorio Municipal "Lois Tobío" de Gondomar terá lugar o acto de presentación pública do candidato Antonio Araúxo, e da candidatura do BNG aos vindeiros comicios municipais. No devandito acto contaran coa presenza do Portavoz Nacional e Vicepresidente do Goberno Galego, Anxo Quintana.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL