Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Gondomar abre o punto limpo nun mes tras 2 anos de bloqueo

Correo-e Imprimir PDF
Punto Limpo GondomarOs gondomareños disporán nun mes do punto limpo para desfacerse dos residuos non aptos para o seu depósito nos colectores tradicionais. A xunta de goberno desbloqueou onte a situación da instalación e autorizou a firma do convenio coa comunidade de montes de Vincios para pór en marcha o servizo en setembro, segundo os cálculos do alcalde, Antonio Araúxo. A instalación leva dous anos paralizada, a pesar de que a Xunta terminou a súa construción fai dous anos.

Gondomar loita contra máis de 50 verquidos ilegais en zonas protexidas

Correo-e Imprimir PDF
O goberno local abriu catro expedientes nun mes e asegura que eliminará os rellenos en todo o municipio. O municipio de Gondomar rexistra máis de 50 vertidos ilegais de lixos, escombros e outros desechos en zonas forestales protexidas. O goberno municipal quere acabar con estes depósitos que agreden o medioambiente canto antes. Os nacionalistas denunciaron este tipo de delitos ecolóxicos en innumerables ocasións durante a súa etapa na oposición. Agora tratan de predicar co exemplo. En pouco máis dun mes de goberno, abriron catro expedientes e aseguran que continuarán esta política. "Hai que eliminar a idea de que Gondomar é ou vertedoiro do Val Miñor e arredores. Aquí viñan camións con cascallos impunemente e xa non vai ser así", explica o alcalde, Antonio Araúxo.

PP e PSOE impiden por segunda vez ao goberno local aprobar as dedicacións

Correo-e Imprimir PDF
Concellais BNG GondomarPP e PSOE impiden por segunda vez ao goberno local aprobar as dedicacións.
O goberno local de Gondomar continuará sen concelleiros liberados con dedicación exclusiva. A proposta do BNG volveu quedar onte sobre a mesa por iniciativa dos populares co apoio do PSOE, que se abstivo. Este asunto da sesión extraordinaria contemplaba as dedicacións exclusivas dos edís Pauliño do Río e Antón García, dado que o goberno local supón que manterá o soldo do anterior rexedor.

Gondomar centralizará os servizos sociais no sur

Correo-e Imprimir PDF
Arauxo e Lois CastrilloGondomar contará o próximo outono co primeiro centro comarcal de Igualdade e Benestar.
«Este primeiro logro é símbolo de que gobernamos sen complexos»
O alcalde, Antonio Araúxo, presentou onte esta iniciativa xunto coa edil de Servizos Sociais, María Luisa Nogueira e Lois Castrillo, xerente do Consorcio Galego de Servizos, entidade que se fará cargo da posta en marcha do proxecto.
Este novo servizo prestarase desde unha planta baixa situada na céntrica Rúa do Emigrante e será un lugar de referencia para todos os veciños da comarcas do Val Miñor e do Baixo Miño.

Francisco Ferreira recupera o seu posto de xefe da policía local en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
O alcalde de Gondomar, Antonio Araúxo, ultima o nomeamento de Francisco Ferreira como xefe da policía local. O procedemento para a súa designación será aberto en Gondomar, pero este profesional é o único aspirante posto que só el posúe a categoría de Inspector.

Ferreira recupera deste xeito o seu vello posto, despois de que fose cesado o ano pasado por parte do anterior alcalde, Carlos Silva. O entón rexedor do PP decidiu destituírlle ao considerar que perdera a súa confianza. O sarxento da policía local é un activo militante do PSOE e durante aquela etapa non dubidaba en criticar publicamente a xestión do alcalde.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL