Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

O xuíz libera ao irmán do condutor de Gondomar, e detéñeno por roubos

Correo-e Imprimir PDF
Foto Gustavo Rivas - La Voz de GaliciaFonte - A Voz de Galicia
A Policía Local de Gondomar volveu deter o sábado pola tarde a Óscar González Buján, irmán do condutor homicida de Gondomar, apenas unhas horas despois de que o titular do Xulgado de Instrución número 6 de Vigo ditase a súa liberdade con cargos.

O motivo deste segundo apresamento é que o mozo, de 20 anos, é o presunto autor de varios roubos con forza no interior de vehículos, e que cometería desde o pasado mes de decembro e durante os cinco días seguintes ao dobre atropelo mortal que acabou coa vida de dous veciños de Vincios.

O mozo que matou a 2 peóns e fuxiu foi detido un día despois

Correo-e Imprimir PDF
Fonte - La Voz de Galicia
A Garda Civil de Tráfico detivo onte en Tomiño a Marcos González Buján, de 28 anos de idade, por ser o presunto autor do atropelo que acabou coa vida de dous peóns o día anterior nunha estrada do municipio de Gondomar.

Os axentes localizaron no garaxe da vivenda dos seus pais, na parroquia de Santa María de Tebra, o vehículo, un Citroen ZX de cor branca que foi identificado por algunhas testemuñas do tráxico incidente. A colaboración cidadá foi fundamental para localizar ao suposto responsable do atropelo mortal, cuxo coche presentaba graves danos nos baixos.

O BNG de Gondomar lanza unha web con información sobre o PXOM

Correo-e Imprimir PDF
O BNG denuncia que o grupo municipal do Partido Popular entregou a copia do PXOM  "tarde, incompleta e con deficiencias ".
Os nacionalistas solicitaron o 1 de decembro unha nova copia completa do planeamento.


O grupo nacionalista de Gondomar acaba de publicar unha web con información e planos sobre o novo  PXOM de Gondomar.
www.usuarios.lycos.es/pxomgondomar onde se pode consultar os planos de rodenación e a normativa urbanística en formato PDF.

Antonio Arauxo manifesta que despois de agardar catro meses a copia do PXOM, a copia remitida chega tarde e con "deficiencias" polo que os nacionalistas solicitaron novamente unha nova copia completa o pasado 1 de decembro.


Un novo auto do TSXG obriga a Gondomar a anular o seu Plan Xeral

Correo-e Imprimir PDF
Foto Faro de Vigo - R- GrobasFonte - Faro de Vigo
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) dá unha nova volta de tuerca á situación urbanística de Gondomar. A Sala do Contencioso Administrativo dictó un auto o 25 de outubro que anula de novo o Plan Xeral de Ordenación Municipal gondomareño, aprobado en 1997. A decisión xudicial apenas afecta ao municipio, xa que o goberno local paralizou a concesión de licenzas o pasado mes de setembro para iniciar róldaa de reunións con colectivos co fin de mostrarlles o novo documento que substituirá ao anulado.

O que si demostra este novo auto do TSXG é que o citado plan urbanístico non serve, polo que as 300 licenzas concedidas desde a súa primeira anulación, en xaneiro de 2005, atópanse en dúbida.

O BNG denuncia que o goberno municipal gastou en xuízos máis de 51.600 euros

Correo-e Imprimir PDF
Fonte- A Voz de Galicia
O goberno de Gondomar empregou no que vai de ano un total de 51.630 euros en gastos xudiciais motivados por conflitos urbanísticos, segundo denunciaron onte os edís do BNG, Antonio Arauxo Quintas e Pauliño do Río. Un total de 20.966 euros corresponden ao pago a asesores externos para realizar informes xurídicos relacionados coa anulación do Plan Xeral, cando son contrarios os que realizan os técnicos municipais.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL