Martes, 16 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O BNG de Gondomar lanza unha web con información sobre o PXOM

O BNG de Gondomar lanza unha web con información sobre o PXOM

Correo-e Imprimir PDF
O BNG denuncia que o grupo municipal do Partido Popular entregou a copia do PXOM  "tarde, incompleta e con deficiencias ".
Os nacionalistas solicitaron o 1 de decembro unha nova copia completa do planeamento.


O grupo nacionalista de Gondomar acaba de publicar unha web con información e planos sobre o novo  PXOM de Gondomar.
www.usuarios.lycos.es/pxomgondomar onde se pode consultar os planos de rodenación e a normativa urbanística en formato PDF.

Antonio Arauxo manifesta que despois de agardar catro meses a copia do PXOM, a copia remitida chega tarde e con "deficiencias" polo que os nacionalistas solicitaron novamente unha nova copia completa o pasado 1 de decembro.


O BNG argumenta que o goberno local que preside Carlos Silva "ocultou información e a que facilita resulta escasa" xa que os arquivos que foron remitidos en formato dixital estaban baleiros ou con graves carencias como a falla do documento de Xestión urbanística ou as Fichas de Planeamento; unha información básica para coñecer a edificabilidade, as cesións, as alturas dos chans urbanizables que aparecen con grande profusión no novo PXOM.

O BNG pretende deste xeito facilitar o acceso ao PXOM ,que brindan as novas tecnoloxías, aos Axentes Sociais e os cidadáns en xeral a través da súa web, que irán actualizando coa nova información que saia referente ao PXOM.