Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Gondomar denuncia desfeitas na ponte medieval das Ánimas

Correo-e Imprimir PDF
Os danos afectan ao pretil e a unha escaleira de acceso ao viaduto, situado no centro da vila.
A histórica ponte das Ánimas sobre o río Miñor, situado no centro urbano de Gondomar, foi vítima dun "atentado premeditado contra ou patrimonio". Así se refería onte o alcalde, Antonio Araúxo, ás desfeitas que rexistra o viaduto de orixe medieval desde fai días. O rexedor ordenou unha investigación á Policía Local, que xa trasladou o seu ateigado aos xulgados, mentres que o goberno municipal prepara xa un informe para remitirllo á Dirección Xeral de Patrimonio.

Delí­s deféndese das acusacións pola súa carta.

Correo-e Imprimir PDF
Delís - Candidato PSOE GondomarO candidato polo PSdG PSOE de Gondomar sae ao paso das acusacións ante a noticia difundida por distintos medios de comunicación no que se lle acusaba do incumprimento a Lei Electoral polo envío dunha carta có slogan "Delís, Alcalde".
O candidato socialista recoñeceu de primeiro plano o envío da carta, achacando a mensaxe a un slogan de márketing político "que no pasan de ser desideratums que no expresan más que el deseo de algo, en este caso mi deseo de ser elegido alcalde."
Delís achaca á polémica suscitada como un acto de desesperación do Partido Popular de gondomar "porque saben la que les viene encima".

O BNG de gondomar inaugura novo local.

Correo-e Imprimir PDF
Este luns 30 de abril, a partir das 20.30 hs o BNG de Gondomar inaugura oficialmente o novo local da organización, sito na Praza da Alameda de San Bieito.  Un acto público para todas as persoas que desexen coñecer o local e mostrar a colaboración co BNG de Gondomar. Segundo indican os organizadores será un acto festivo con música, bebidas e entremeses para a asistencia.
Asi mesmo sinalan a da totalidade da Candidatura de Gondomar e tamén dos cargos públicos e candidatos do Val Miñor. 
Asi como a asistencia da Deputada no Congreso, Olaia Fernández Davila, o Director Xeral de I+D+I Salustiano Mato
( integrante da lista do BNG ao Concello ) e o deputado no Parlamento Galego X.R. Paz Antón.


Marcelino Pena, escultura forxada no Val

Correo-e Imprimir PDF

Foto Yanka Xl - Elia FuentesDo gondomareño Marcelino Pena case ninguén, salvo os achegados, coñecen a súa faceta como escultor e artista plástico, e isto ten un motivo. A súa dedicación a esta dificil técnica artística xurdiu fai pouco menos de 2 anos, pero sumado ao caracter autodidacta do artista supón un punto que engade máis valor a súa obra.

Marcelino Pena naceu en Gondomar, en plena transición a cabalo dunha nova Galiza que arrecendía aires de liberdade e de ilusións por recuperar parte dunha cultura popular soterrada.

Como dí Marcelo, "crieime no rural acompañando e aprendendo as lavores do agro." Constitúe a cuarta xeración familiar de canteiros ebanistas e artesáns. A súa actividade profesional versa ó redor das artes escénicas como a danza, o teatro e as performance despois de rematar os seus estudos na Escola Superior de Dança de Lisboa.

Arauxo denuncia a captación de votos de Silva en Montevideo

Correo-e Imprimir PDF

Fonte - A Voz de Galicia
O alcaldable nacionalista de Gondomar, Antón Araúxo, denunciou onte en rolda de prensa, que o alcalde de Gondomar, Carlos Silva Mariño, celebrará hoxe venres unha cea no centro vale miñor na que para reservar invitacións é necesario a presentación do pasaporte.  Para o grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego, este tipo de actuacións dá pé a unha tramitación ilícita das solicitudes de voto para as próximas eleccións municipais que se celebrarán a finais de maio. 

O candidato do BNG, viaxará o mércores da próxima semana á capital de Uruguai para coñecer aos preto de 2000 emigrantes residentes en Montevideo, repartidos nas agracións

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL