Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

A Corporación de Gondomar paraliza o seu plan urbanístico ante a presión veci

Correo-e Imprimir PDF
Fonte- A voz de Galicia
As protestas dun centenar de veciños levaron ao PP a cambiar de posición e permitir a suspensión.

El pleno de Gondomar, ayer, durante la votación de la propuesta para parar el Plan Xeral. / jesús de arcos

O Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Gondomar quedou suspendido onte, trinta e tres días despois das detencións dos ex concelleiros acusados de tres delitos de cohecho polo suposto cobro de comisións ilegais a cambio de beneficios urbanísticos. O goberno local, do Partido Popular, cedeu á presión vecinal nun pleno cargado de tensión e abstívose na votación dunha proposta presentada pola oposición para paralizar a tramitación do plan e para deixar sen efecto a súa aprobación inicial. Tralo sucedido, será a Corporación que salga das próxima eleccións municipais a que decida sobre o futuro do ordenamiento do municipio.

A defansa do caso Gondomar argumenta que foron incitados ao delito

Correo-e Imprimir PDF
A Voz de Galicia - Jose Luis Mosquera GondomarFonte - A voz de Galicia
Os avogados dos implicados no caso de presunta corrupción urbanística de Gondomar trataron de frear onte o proceso xudicial aberto ao pór en cuestión a legalidade das gravacións nas que quedaron rexistradas as supostas peticións de diñeiro a cambio de tramitar tres proxectos construtivos no municipio pontevedrés. Os representantes legais dos catro imputados -o edil de Cultura, o de Urbanismo, un arquitecto vigués e a noiva do primeiro- insistiron ante a xuíz en que as autorizacións feitas por ela para picar os teléfonos e realizar unha gravación de vídeo camuflada non se ativeron formalmente á normativa que as regula.

O BGN de Gondomar pedirá novamente a paralización do PXOM

Correo-e Imprimir PDF
A partires do día 16 de marzo abrese o período de alegacións ao Plan  Xeral de Ordenación Municipal que durará 45 días.
O actual goberno de Gondomar pensa seguir adiante cun plan xeral baixo sospeita despois das detencións por cobro ilegal de comisións por parte de 2 cocellais do goberno popular.

No último pleno ordinario a oposición pediu en firme a retirada do plan xeral e instou a Xunta de Galicia a súa paralización amparados nas sospeitas de corrupción co gallo das detencións e o descubirmento da trama de comisións.

O concello de Gondomar convoca para o próximo luns 19 de marzo, un pleno extraordinario ás 13:00 horas na Casa da Cultura de Gondomar no cal o BNG pedirá novamente a paralización do  plan xeral. Os nacionalistas fan un chamamento aos veciños e veciñas de Gondomar para que acudan ao pleno e non permitan a continuidade dun plan baixo sospeita.

A zona azul de Gondomar só deixará aparcar unha hora e media

Correo-e Imprimir PDF
Fonte- A Voz de Galicia
 O estacionamento nas rúas do centro urbano de Gondomar quedará limitado a hora e media despois de Semana Santa.
O pleno da corporación municipal de Gondomar debaterá o vindeiro venres a aprobación definitiva da ordenanza reguladora da zona azul. O alcalde, Carlos Silva Mariño, emitirá días despois un decreto no que se especificarán as rúas que quedarán dentro do ámbito da ORA.

O goberno local de Gondomar recuperará o venres a maioría

Correo-e Imprimir PDF
Fonte - A Voz de Galicia
O alcalde de Gondomar, Carlos Silva Mariño recuperará no pleno do venres a maioría absoluta no salón de plenos despois de que tomen posesión os novos edís que substitúen aos concelleiros Alejandro Gómez Garrido e José Luis Mosquera Veleiro.
Ambos presentaron a renuncia ás súas actas de concelleiras horas despois de ser detidos pola Garda Civil ao ser sorprendidos cobrando unha comisión a un construtor a cambio da axilización dunha licenza urbanística.
Os novos concelleiros do PP de Gondomar son Avelino Otero Valverde e José Del Río Da Peña .

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL