Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Charla en Peitieiros sobre A muller no político e no social

Charla en Peitieiros sobre A muller no político e no social

Correo-e Imprimir PDF
A Xestora do Centro Cultural e Recreativo de Peitieiros co gallo do Día Internacional da Muller, organiza para hoxe unha charla coloquio baixo o título "A muller no político e no social". Na charla tratarase de facer unha análise sobre a participación e a situación da muller nestes eidos nos concellos do Val Miñor.

A charla contará coa particiación de: Rocío Cambra (Vocal Asoc. de Mulleres do Val Miñor),  Milagres Chapela (Presidenta Asoc. de Mulleres do Val Miñor "Area Loura"), Rosa Mª Cristaleiro (Presidenta Asoc. de Mulleres Rurais de Gondomar), Mª Luisa Varela (Concelleira Bloque Nacionalista Galego), Mª José Misa (Representa a Move Gondomar), Mª Luisa López (Concelleira Partido Popular), Isabel Pérez (Candidata Partido Socialista). O acto terá lugar no propio Centro Cultural Recreativo de Peitieiros, o venres 9 de marzo ás 20:30h.
A organización ofrece servizo gratuíto de gardería durante o acto.