Mércores, 20 Oct. 2021

Actualizado04:28:43 PM GMT

Estás en Gondomar Manolo Sanlucar impartirá unha Master Class de guitarra en Gondomar

Manolo Sanlucar impartirá unha Master Class de guitarra en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
Del 16 al 20 de frebreiro se celebrará el V Curso internacional de Guitarra Concello de Gondomar organizado por la Concellería de Cultura del concello de Gondomar.

Esta edición contará cun curso paralelo e gratuito para a vencindade de Gondomar para fomentar a nivel popular unha positiva aproximación ao mundo da guitarra clásica.

Así mesmo o Curso contará coa participación dunha das lendas vivas da guitarra clásica como é o guitarrista e compositor gaditano Manolo Sanlucar. Un guitarrista innovador que soubo fusionar o flamenco coa música clásica.

Manolo Sanlucar impartirá unha Master Class no curso para os e as asistentes ao mesmo na que expondrá, con exemplos gráficos, fundamentos que servirán para toda a carreira musical dos e das guitarristas e que ao mesmo tempo será de gran interese para os ointes.

O curso contará coma sempre coa presenza dos profesores Eduardo Baranzano, Ricardo Barceló e Alfredo Garrido que repiten nesta quinta edición.

O curso desenvolverase durante o entroido,do 16 ao 20 de febreiro no Conservatorio municipal de Gondomar.
O concello anuncia que xa está aberto o prazo de matrícula e o seu custe é de 120€ para os alumnos e alumnas activas e de 100€ para os e as ointes.

As actividades incluiran unha clase individual con cada profesor máis outras actividades que se determinarán máis adiante. 

O curso orientado para grao medio consistirá nun programa que inclúa polo menos dúas obras de diferentes épocas e non supere os 15 minutos e para grado superior un programa que inclúa polo menos dúas obras de diferentes épocas e non supere os 20 minutos. 

Para grao superior o premio consistirá nun diploma e matrícula gratuita para o próximo curso,mentres que para grao medio o prémio consistirá nunha guitarra artesana admira doada por Élite Musical por cortesía de Guitarras Keller. 

Mantense paralelamente ao curso,outro gratuito para a vecindade de Gondomar cun número limitado de prazas para o que se chamará en horario de mañán ao Concello no teléfono 986 360125. "O Obxetivo deste curso paralelo é ou de fomentar a nivel popular unha positiva aproximación ao mundo dá guitarra clàsica.Ou único requisito será ou de ter algun coñecemento bàsico do instrumento" 

O importe da inscripción realizarase mediante transferencia ou xiro postal cos seguintes datos:
Asunto: "V CURSO INTERNACIONAL DE GUITARRA CONCELLO DE GONDOMAR"
Nº de conta CAIXANOVA 2080/0035/15/0040015927 

Non será preciso entregar o boletín físico para a inscripción 

En calquer caso poderase enviar o boletin ou resgardo a:
 "V Curso Internacional de guitarra Concello de Gondomar" 
Dept. de Cultura - Casa da cultura 
Rua Manuel alonso s/n 
36380 Gondomar-Pontevedra.
 
Para o aloxamento faranse prezos especiais aos asistentes ao curso no Hotel Cristaleiro Tlf-986369017 (advertindo ao hotel desta circunstancia no momento da reserva)
 
Calquera información adicional poden dirixir os seus correos a  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo  ou chamar ou no teléfono do concello Tlf. - 986 360125


MANOLO SANLUCAR

Manuel Muñoz Alcón "Manolo Sanlucar" compositor e concertista nace no pobo gaditano de Sanlucar de Barrameda e xa con seis anos o seu pai introdúcelle no mundo da guitarra.

Antes de cumprir os catorce comeza a súa carreira profesional como guitarrista acompañante con lendas como Pepe Marchena pero será a partir de 1972 logo de obter o 1er premio no World Festival de Campione onde se consagra mundialmente co recoñecemento da prensa como figura do "flamenco e da música sinfónica" interpretando as súas obras nos teatros máis prestixiosos do mundo. 

Algún exemplo máis da dimensión da súa carreira foi a concesión do chamado premio novel do flamenco "Compás del cante" en 1991, e por votación popular "Mellor guitarrista mundial de flamenco en 1994".
 
Pero máis aló de premios e condecoraciones destaca a súa excepcional musicalidade e unha técnica fóra do común utilizada sempre de forma innovadora, polo que cada recital seu é sempre unha soberbia lección de guitarra, maestría e arte. 

O seu virtuosismo é utilizado para comunicar profundas calidades emotivas e nel calaron todas as virtudes da guitarra flamenca sen apegarse a moldes.  Así, en obras como "Fantasía para guitarra y orquesta" comprobamos como se poden combinar con toda naturalidade dúas correntes como a clásica e a flamenca. 
O seu "Trebujena Concerto" para guitarra e "Orquesta en ReM" abren unha porta ao flamenco polo camiño da música clásica. 
O seu "Medea" composta para o Ballet Nacional de España continua dando a volta ao mundo.
"Tauromagia" Un fito musical que percorre o mundo dos touros con coros de corda, metais e percusións que desgrana nota a nota a historia da lidia.
"Soleá" estreada en 1988 para o Ballet Nacional de España penetra no máis profundo do alma andaluza.
-A súa sinfonía "Aljibe" ou a súa dirección musical da película "Sevillanas" de Carlos Saura....
Un amplísimo percorrido nas costa e experiencia deste excepcional guitarrista.
 
Dende 1972 ata hoxe acumula máis dunha veintena dos máis importantes premios nacionais e internacionais ao longo de todo o mundo como cinco premios nacionais de guitarra como mellor instrumentista flamenco, discos de Ouro, condecoraciones e premios ao seu labor artístico, membro honorífico de diferentes asociacións e un longo etc. 

Actuou e ten estreado algunhas das súas obras en lugares como.
-Metropolitan Opera House de N.York.
-Carnegie Hall de N.York.
-Palacio de Congresos do Kremlin
-Linconl Center de N.York
-Palau da Música, teatro Real, Alhambra e auditorio Manuel de Falla en España.
-Teatro da Ville en Paris
-Chu Kairan en Tokio
-Teatro Coliseo en Bos Aires.
-Palacio da Cultura en Leningrado.
-Tamén nos centros máis importantes de Australia, Brasil, Italia, Alemania, Holanda, Venezuela.....etc.