Martes, 29 Apr. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Portada

O Xornal do Val Miñor. Baiona, Nigrán, Gondomar

Multas de até 6.000 € para quen faga pintadas ou coloque carteis sen autorización en #Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

paco ferreira despacho-Gondomar quere erradicar as pintadas e cartelería en mobiliario público ou privado sen as respectivas autorizacións. Preocupa a imaxe e salubridade do concello. Un bando do alcalde socialista Paco Ferreira fai un chamado á conciencia social pero lembra que pódense aplicar multas coercitivas aos responsables.

As imaxes de #Nigrán percorren mundo trala emisión do trailer do filme “A praia dos afogados”

Correo-e Imprimir PDF

a praia afogados

O adianto do tráiler do filme A praia dos afogados (La playa de los ahogados) de Tornasol Films foi partillada por máis de 3.000 seareiros dende a súa publicación o pasado 27 de xullo na web da TVE. A película, baseada na novela de Domingo Villar estrearase nos cines o vindeiro 9 de outubro. A estrea no Val Miñor terá que agardar.

Luz verde á ampliación da nave de SNOP en Porto do Molle. #Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

snopA fábrica de estampado dedicada á automoción foi a primeira en instalarse en 2011 nunha parcela de 28.913 m2 cunha superficie construída de 11.000 m2 aos que agora sumará outros 5.954 cunha inversión de 1.531.,363 €

O número de empresas arrendatarias no polígono elévase a 76, das que 65 xa están activas e xerando 517 empregos; outras 11 están en proceso de instalación e xerarán 231 postos

Próximo a 30 cativos daranse cita no campus de ximnasia rítmica en #Baiona

Correo-e Imprimir PDF

campus ximnasiaPreto de 30 nenos e nenas participarán, dende o vindeiro luns 17 de agosto, no tradicional Campus de Ximnasia Rítmica de Baiona que, con esta, chega xa a súa quinta edición. O campus estará impartido por dúas adestradoras tituladas pola Real Federación Española de Ximnasia Rítmica, con experiencia en competicións oficiais.

Nigrán Decide propón dar acollida a refuxiados da guerra de Siria na Residencia de Tempo Libre de Panxón.

Correo-e Imprimir PDF

refugiadaSiriaAnuncian que van presentar unha moción para que o Pleno do Concello de Nigrán inste á Xunta de Galicia a que coordine unha acollida temporal nas instalacións da Residencia de Tempo Libre de Panxón.

Lembran que este recinto permanece pechado durante varios meses do ano.

Propón ao resto das agrupacións municipais "ser partícipes desta iniciativa".

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL